domingo, 24 de novembro de 2019

EXPOSICIÓN E CHARLA NO CENTRO DOS NOVE ANOS DE ANTÓN FRAGUAS EN LUGO

A exposición ocupou  o vestíbulo do centro dende o 11 ao 15 de novembro. Foi presentada por  Xulio Xiz, que amosou ao alumnado "Os nove anos de Fraguas en Lugo" 



Xulio Xiz  no vestíbulo do centro.
 Xulio Xiz é xornalista, guionista, escritor e produtor. Cofundou e dirixiu con Carlos Rodríguez Arias a produtora e editorial Ophiusa (1986), Televisión Lugo (TVL, 1994) e o portal de Internet Galicia Dixital.











Antón Bao Abelleira e Xulio Xiz na charla de Fraguas.

   Convidado polo profesor de Lingua Galega Antón Bao Abelleira, tivemos a sorte de contar coa presenza de Xulio Xiz, exalumno e  amigo de Fraguas, que nos relatou a súas lembranzas  sobre a pegada que o Mestre deixou na cidade das murallas, e en todos os que tiveron a sorte de telo como profesor e amigo. 

 Co motivo de ter sido o 2019 o ano de Fraguas  naceu esta exposición da man do profesor Manuel Regueiro Tenrreiro, o historiador Antonio Prado Gómez e os antigos alumnos do vello profesor Paco Martín Parga e Xulio Xiz. Dezaoito alumnos e amigos de don Antonio tamén participaron neste marabilloso traballo que o alumnado de 4º e 3º da ESO tiveron a oportunidade de coñecer  da man de Xulio, que nos achegou a un   Fraguas dende o lado máis cercano e entrañable. 
 Os nove anos lucenses  de Fraguas deixaron  abundantes froitos culturais e sociais, que cristalizaron en conferencias e artigos que fixeron medrar o seu prestixio intelectual, e contribuiron a conformar unha visión global dun home da cultura de Galicia, por non falar da labor didáctica desenvolta polo Mestre que supuxo o cariño e o recoñecemento da sociedade lucense, e das máis importantes institucións galegas polo seu traballo a prol da cultura e lingua galegas.

Exposición no vestíbulo do centro.

Añadir leyenda


   Os folletos e libros realizados polos autores desta exposición, estiveron á  disposición do alumnado e profesorado, mentras durou esta actividade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario