mércores, 14 de xuño de 2023

Alumnas de 2º da ESO participaron no V Congreso Científico da Montaña






      Noa, Cristina e Lucía, alumnas de segundo da ESO, fomos ao Congreso Científico da Montaña. O acto é no CPI Poeta Uxío Novoneyra, en Folgoso do Courel, o día 15 de xuño. Alí expoñeremos o noso traballo e falaremos dalgúns restos arquitectónicos e especialmente  das fontes das que podemos obter información sobre eles. Concretamente estudamos construcións propias da nosa zona.

As fontes poden ser primarias ou secundarias. Ademais, poden ser documentos escritos ou restos arqueolóxicos. 

Entre eses monumentos, analizamos o miliario de As Pontes de Gatín, o agger de O Comeal, o baixo relevo de Vilarín e outros restos.
















Ademais o alumnado de 2º da ESO realizou unha exposición no vestíbulo do centro co traballo realizado polas súas compañeiras e o profesorado de Xeografía e Historia Fernanda Follana e Ignacio Cabarcos.






Ningún comentario:

Publicar un comentario