mércores, 22 de xaneiro de 2025

Programa Ponte da USC

Como era o mapa de Galicia hai 100 anos, charla da man de Rubén Castro Redondo

Dentro do programa “A Ponte” da USC, Rubén Castro Redondo, profesor de Historia Moderna da facultade de Humanidades de Lugo, estivo falando no IES Becerreá co alumnado de 2º de BAC de “como era o mapa de Galicia hai 100 anos”.

Comentou  que a organización territorial de Galicia está baseada nas parroquias ou freguesías dende hai séculos: no catastro de Ensenada de 1750 xa se recollían 3.700 parroquias, as mesmas ca hoxe; porén mudaron as provincias, de sete a catro,  e os concellos, de 660 a 313.

O alumnado procurou na rede documentos do mencionado catrastro de Ensenada no que aparecían cuestións curiosas como que as xurisdicións das parroquias non lle corrrepondía ao rei, como acontecía noutros territorios, por exemplo, Castela, senón a nobres, mosteiros, señores… Así mesmo outras relativas a “quen mandaba”, número de veciños, profesións, cultivos, etc.





Ningún comentario:

Publicar un comentario