1º DA ESO ACODE Á XUNTANZA DO PICO SACRO PARA O ALUMNADO GALEGO PARTICIPANTE NO "PROXECTO DRAGAL" |
Ao Pico Sacro, onde segundo a lenda viviu o último dragón galego, acudiu o alumando de 1º da ESO do IES de Becerreá para participar, xunto cos outros cinco centros galegos que comparten este proxecto multidisciplinar de animación á lectura, nunha longa xornada de aventuras, desventuras ("perdemos" case toda a puntuación obtida a mans doutro equipo mentres participabamos nunha das probas), duelos a espada, buscas de cofres e tesouros, invención de lendas, declaracións de amor, ... ata finalmente ser ordenados donas e cabaleiros da "Orde do Dragal". Foi unha xornada de confraternización e convivencia con outros rapaces e rapazas que están a vivir a aventura de ler a triloxía "Dragal".
Ningún comentario:
Publicar un comentario