O Nadal celebrouse o 21 de decembro
O Equipo de Dinamización Lingüística do IES de Becerreá do noso instituto, a modo de despedida do primeiro trimestre e benvida do nadal, coordinou unha serie de actividades das que todos disfrutamos. Comezamos cun miniconcerto a cargo do alumnado de 1º de Bac, no que tocaron unhas panxoliñas, mentres que o resto intentábamos seguirlles o ritmo cantándoas. Cando acabou, degustamos os doces que fixeron os alumnos e un chocolate con roscón de Reis para lamber os dedos! Como xa é tradición, repartiron doce “lacasitos” e celebramos as campanadas. Despois diso continuamos coa festa con música, cantigas tradicionais, karaoke e sobre todo, moitos bailes. E así foi como,entre moitos sorrisos, celebramos o noso Nadal e demos comezos ás vacacións para coller forzas para comezar de novo uns días despois, pero con moitas ganas!.
Alumnos de 1º de Bac interpretando as cantigas de Nadal
Degustación do Roscón de Reis
Ningún comentario:
Publicar un comentario