sábado, 30 de decembro de 2017

CELEBRACIÓN DO NADAL

O Nadal no IES de Becerreá é máis cun simple festexo. 

O Equipo de Dinamización Lingüística coa Dirección do centro coordinan esta festividade, na que participa toda a comunidade educativa, como manda a tradición no noso instituto, comida e música mesturáronse na xornada de festa do xoves 21 de decembro. Entrañable xornada festiva para dar comezo a unhas vacacións e poder desexarvos boas festas, esperando que o 2018 sexa o máis afortunado posible. Grazas pola planificación e pola participación de tod@s vós.

            
                                  Chocolatada                                                            Grupo musical do IES "Obertura Galega

Comenzan as celebracións ás 12:00, despedida do ano 2017 coas badaladas de rigor e os 12 "Lacasitos". A continuación, Chocolatada e Roscón de Reis.


Polo serán deu comezo o Concerto de Nadal organizado polo departamento de Música. O grupo de músical do centro “Obertura Galega" foi o encargado de abrir o acto. Finalizadas as actuacións dos distintos grupos, deuse paso a un participativo concurso de Karaoke.

Concerto de Nadal



Concurso de Karaoke

              

Bo Nadal a tod@s




Ningún comentario:

Publicar un comentario