BLOG DO Equipo de Dinamización Lingüística do IES DE BECERREÁ "A REBOLA"
mércores, 5 de novembro de 2025
SAMAÍN 2025: PERSONAXES DE TERROR FEMININOS NA CULTURA GALEGA E NA CULTURA CLÁSICA
domingo, 26 de outubro de 2025
DÍA DAS ESCRITORAS 2025
DÍA DAS ESCRITORAS NO IES DE BECERREÁ
luns, 6 de outubro de 2025
PROXECTO: TAMÉN EN GALEGO EN BECERREÁ
TAMÉN EN GALEGO EN BECERREÁ
UN PROXECTO INNOVADOR E MULTIDISCIPLINAR QUE PRETENDE AUMENTAR A PRESENZA DO GALEGO EN BECERREÁ E A CONTORNA
O proxecto “Tamén en galego” ten como finalidade fomentar o uso do galego e darlle visibilidade tanto a nivel formal como escrito en todos os ámbitos públicos e privados, empresariais e comerciais.
O primeiro obxectivo céntrase en fomentar o uso do galego e promover o seu uso destacado en establecementos e lugares. Para conseguilo, propóñense identificar aqueles espazos que xa empregan o galego, facilitar a incorporación da lingua galega en materiais escritos destes ámbitos, e manter un diálogo continuo para garantir unha implantación sostible. Para medir o éxito, analizarase o número de locais que aceptan modificar ou incrementar o uso do galego, a cantidade de documentación traducida e a percepción social recollida mediante enquisas. Entre as actividades previstas atópase a elaboración dun mapa lingüístico de Becerreá no que o alumnado rexistrará o uso do galego nos establecementos, unha campaña con carteis e adhesivos para locais que se sumen á iniciativa, e charlas con empresarios para explicar os beneficios do uso do galego.
O segundo obxectivo céntrase en trasladar á práctica escrita o uso maioritario do galego na lingua oral. Para iso, realizarase a identificación e documentación dos locais onde o galego predomina oralmente pero non por escrito, concienciarase aos responsables da importancia da coherencia entre fala e escritura, e ofrecerase asesoramento lingüístico para facilitar esta transición. Como indicadores de logro, analizarase o aumento de materiais escritos en galego, a comparación do uso oral e escrito antes e despois do proxecto, e o número de consultas lingüísticas recibidas. Entre as actividades destacan un diagnóstico sociolingüístico a través de entrevistas, a elaboración polo alumnado de propostas para adaptar documentos e materiais ao galego, e a creación dun servizo de apoio lingüístico desde o EDL.
O terceiro obxectivo consiste en recoñecer os establecementos que destacan polo uso do galego na rotulación, información escrita, publicidade e redes sociais. Para iso, elaborarase unha listaxe destes locais, difundiranse mediante recoñecementos e promocións, e avaliarase o impacto para animar a máis locais a sumarse. Os indicadores inclúen o número de locais recoñecidos, o seguimento en redes sociais e testemuñas de comerciantes. As actividades serán a entrega de premios e distintivos, a difusión en medios e redes sociais, e a organización dun roteiro lingüístico para identificar e dar visibilidade aos locais comprometidos.
As áreas de actuación do proxecto divídense en dous ámbitos principais: o público e o privado. No ámbito público traballarase con institucións como o centro de saúde, concello, xulgado, correos, Garda Civil e centro social, enfocándose na documentación, formularios, informes e sinais informativos. No ámbito privado abarcaranse sectores diversos, como a hostalaría (cartas, menús, carteis, prezos), supermercados (seccións, propaganda, bolsas), tendas (textil, ferraxerías, librarías), talleres, gasolineiras, notarías, administracións de fincas, xestorías, autoescolas, actividades de culto e funerarias.
A temporización prevista comprende todo o curso 2024-2025 e cursos sucesivos. No curso pasado incidiuse principalmente nos ámbitos públicos mencionados, e no privado traballarase con 14 locais de hostalaría e dúas funerarias.
Aquí o vídeo que recolle a información compilada polo alumnado no curso anterior, coa que fixeron un diagnóstico da situación para o punto de partida sobre o que comezar a actuar:
venres, 27 de xuño de 2025
FIN DE CURSO 2024/25 NO IES DE BECERREÁ
FESTIVAL DE CURTAS E REPRESENTACIÓN DE PEZAS SOCIOLINGÜÍSTICAS
martes, 24 de xuño de 2025
ENQUISA SOCIOLINGÜÍSTICA DO USO DO GALEGO
O DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA LEVA A CABO A ENQUISA ANUAL DO USO DAS LINGUAS, ESTA VEZ NO ÁMBITO FAMILIAR
ENTREVISTA INTERXERACIONAL ÓS AVÓS E AVOAS
Entrevista a Manuel Fernández, José Ramón Uría e Berta Vuelta
As Curuxas da Rebola entrevistan ós seus maiores, que nos relatan as experiencias da súa mocidade nas feiras e nas festas. A través desta actividade, preténdese difundir as vivencias dun tempo pasado, convidando así a reflexionar sobre os cambios que tiveron lugar e o estilo de vida de cada xeración. Quizais, ó que agora os netos e netas lle dan importancia antes nin se pensaba, e o que antes era verdadeiramente relevante hoxe concíbese de diferente maneira.
Premendo aquí pódense ler as entrevistas completas.
mércores, 28 de maio de 2025
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2025
HOMENAXEAMOS AS CANTAREIRAS E RECOÑECEMEOS O LABOR DOS MAIORES QUE PRESERVARON A TRADICIÓN Ó LONGO DO TEMPO
O pasado 17 de maio celebramos un pequeno acto de conmemoración polo Día das Letras Galegas, dedicado este ano ás cantareiras e á poesía popular.
Rematamos proxectando unha serie de vídeos que resaltan a lingua e a cultura galegas, no que os protagonistas son os membros da comunidade educativa do IES: o vídeo da nosa palabra favorita na nosa lingua materna, unha versión do "Dígocho eu!" (TVG) feita polo alumnado de Lingua Galega...
Para ver un resumo do acto do Día das Letras Galegas, preme no seguinte vídeo:
Para ver o vídeo do "Dígocho eu!":
martes, 20 de maio de 2025
A CONTORNA DE BECERREÁ CO EMPRENDEMENTO SOSTIBLE
TALLERES DE EMPRENDEMENTO SOSTIBLE
Os días 22 e 23 de abril o alumnado tivo a oportunidade de participar no Campus de emprendemento sostible promovido pola Deputación de Lugo.
Durante a xornada do día 22, o alumnado de 3º da ESO e de 1º de BAC participaron nunha formación sobre a sostibilidade, a innovación, o emprendemento e a economía circular. Nestes días coñeceron o concepto de economía circular e puideron observar de primeira man varios exemplos desta maneira de proceder. Debateron sobre a importancia e a necesidade da sostibilidade para o noso entorno, e a importancia de atoparnos nunha reserva da biosfera.
Remataron esta xornada fomentando a creatividade e a innovación mediante a procura de formas alternativas para facer os produtos que consumimos (un tetrabrick, unha estantaría modular, un paraugas ou un libro).
O día 23, o alumnado de 1º de BAC tamén se desprazou a Casa Quiñones en Navia de Suarna para participar nun taller de elaboración de fieltro. Alí Pedro, o xerente, contounos como xurdiu a idea de crear un espazo de coliving e coworking no rural, e como o compaxina con outras actividades. De seguido, Balazs explicounos e ensinounos o proceso de obter o fío e o fieltro a partir da lá das ovellas, amosándonos como realizar o cardado e rematando coa elaboración de varios obxectos de fieltro por equipos baixo as súas indicacións.
luns, 19 de maio de 2025
GRUPO DE TEATRO DO IES DE BECERREÁ
'ATRACO NO BANCO', UNHA COMEDIA DISPARATADA
DÍA DO LIBRO 2025 NO IES DE BECERREA
DÍA DO LIBRO 2025: CELEBRAMOS O ANO CASTELAO
domingo, 6 de abril de 2025
Fomentando o pensamento crítico na clase
A FORZA DO DEBATE: APRENDIZAXE E DIÁLOGO NA AULA
luns, 31 de marzo de 2025
ENTROIDO 2025 NO IES DE BECERREÁ
O 28 DE FEBREIRO CELEBRAMOS O ENTROIDO CUN FESTIVAL POR TODO O ALTO
mércores, 26 de marzo de 2025
OBRADOIRO DE REGUEIFAS 2025
Visita da regueifeira Lupe Blanco
Este pasado luns, día 24 de marzo, tivemos a honra de disfrutar no IES de Becerreá coa bergantiñá Lupe Blanco, gañadora en varias ocasión de mellor regueifeira de Galiza.
Co paso do tempo, esta tradición chegou a ser un elemento máis de diversión e de entretemento nas tabernas -xa que logo era unha práctica eminentemente masculina- ou mesmo como modo de espectáculo nas festas patronais.
Como datos curiosos contounos que o récord de regueifas seguidas está en trece horas e que esta práctica, coas súas variantes, está presente en moitas culturas do planeta: Cuba (décimas), Portugal (desgarrada), Brasil (desafío), EEUU (freestyle rap), Euskadi (bertsolarismo)...
Interactuou co alumnado e profesorado e entre todos compuxemos varias regueifas seguindo o esquema métrico da copla popular: estrofas de catro versos octosílabos con rima asonante ou consonante nos pares.
DÍA DA POESÍA 2025 IES DE BECERREÁ
O 21 DE MARZO CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA RECITANDO AS NOSAS PROPIAS COMPOSICIÓNS
LINGUA MATERNA 2025 IES DE BECERREÁ
Facemos un vídeo onde recollemos as nosas palabras favoritas na nosa lingua materna
luns, 17 de marzo de 2025
8M NO IES DE BECERREÁ 2025
'CON M DE MULLER': O IES DE BECERREÁ AMOSA O SEU COMPROMISO COAS MULLERES
Como cada ano, no noso centro quixemos conmemorar o Día Internacional da Muller, o 8 de marzo, con algunhas iniciativas destinadas a que o alumnado tome conciencia sobre a loita pola igualdade de xénero, neste día e en todos os do ano. Esta xornada é unha grande oportunidade para reflexionar sobre o camiño que queda por recorrer para rematar coas desigualdades existentes entre homes e mulleres.
Por unha banda, varios alumnos e alumnas acudiron nos leceres á Biblioteca para deseñar unha pequena exposición de adxectivos escritos coa técnica de lettering, que describen ás mulleres: poderosa, loitadora, única, intelixente...
Por outro lado, tamén se celebra, durante todo o mes, un concurso de microrrelatos no que pode participar todo o centro ('Con M de Muller'), que ten como tema central as mulleres, pero que pode versar sobre calquera asunto no que elas sexan as protagonistas.
Por último, o alumnado de varias materias (Física e Química de 2º e 3º da ESO, Cultura Científica de 1º de BAC, e Latín e Grego de 1º de BAC, en colaboración co resto de profesorado do centro), elaborou unha táboa periódica das científicas. A maioría son galegas, do pasado e de agora, mais tamén atoparedes mulleres doutras nacionalidades.
Para ver a táboa con enlaces ás infografías, preme AQUÍ!
domingo, 2 de marzo de 2025
DÍA DE ROSALÍA 2025 NO IES DE BECERREÁ
Este ano celebramos o Día de Rosalía con diferentes actividades no noso centro
DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA 2025 NO IES DE BECERREÁ
O 11 DE FEBREIRO CONMEMORAMOS O DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA CON DIFERENTES TRABALLOS
Con motivo deste día, no que se pretende poñer en valor a traxectoria de mulleres no ámbito científico, o alumnado do noso centro realizou unhas actividades en diferentes materias. É unha oportunidade de que vexan exemplos a seguir e de que se fomente o ambiente de igualdade no que se valora o talento e as contribucións sen importar o xénero.
Coa colaboración das materias Física e Química de 2º da ESO, de Bioloxía de 2º da ESO, de Cultura Científica de 1º de BAC, de Grego de 1º de BAC, e de Música de 4º da ESO, os alumnos e alumnas buscaron información sobre mulleres na tecnoloxía, matemáticas, química, astronomía e outras áreas STEM, da actualidade e da historia antiga. Así, foron capaces de recoñecer o esforzo e os méritos destas científicas investigando o seu percorrido, descubrimentos e aportacións que, sen dúbida, contribuíron ó progreso e á consecución da igualdade entre homes e mulleres.
Con estes traballos os estudantes motiváronse puideron inspirarse para escoller no futuro carreiras científicas, nas que as mulleres son candidatas perfectamente capaces.
Portada dun dos traballos realizados polo alumnado de Cultura Científica (1º de BAC).
Para ver os traballos, preme nas diferentes materias:
Física e Química e Bioloxía (2º da ESO).
xoves, 27 de febreiro de 2025
AS CURUXAS DA REBOLA E ESCOLA DE PRENSA
As Curuxas da Rebola traballan en obradoiros literarios e na Escola de Prensa da revista escolar
domingo, 9 de febreiro de 2025
A CANDELORIA 2025 IES DE BECERREÁ
O IES de Becerreá conmemora este día con unha exposición fotográfica e do refraneiro popular sobre as Candelas
ACTIVIDADES DO DÍA DA PAZ 2025 NO IES DE BECERREÁ
O alumnado de Becerreá conmemorou este día recitando unhas cantigas en galego
No vestíbulo do IES de Becerreá presentouse o 30 de xaneiro unha exposición para conmemorar o Día da Paz e a non violencia. A temática versaba sobre as cantigas de amigo, e a decoración (coa colaboración co Departamento de Debuxo) estaba baseada na recreación dun pergamiño e unha serie de miniaturas.
O alumnado de 3º da ESO, guiados polo profesorado de Lingua Galega, elaborou as súas propias cantigas e recitounas diante de todo o centro!
Alumnado do IES de Becerreá no tempo do lecer, acudindo ás actividades do Día da Paz
Á parte disto, o alumnado de Latín e Grego de 2º de BAC preparou unha serie de lecturas que teñen como temática principal, entre outras, a paz. Por unha parte, Lisístrata, que expón a particular solución grega para paz dunha serie de mulleres atenienses e espartanas para rematar coa guerra entre ambos bandos. Por outra, a Eneida e en especial a figura do heroe troiano Eneas, que encarna os valores do respecto entre pobos, a boa convivencia e a solidariedade. Tras reflexionar sobre as lecturas, redactaron unhas conclusións e expuxéronas a todo o centro no Día da Paz.
Por último, tamén se leron en voz alta unha serie de propósitos para a paz que todo o alumnado foi depositando ó longo da semana na Biblioteca, e rematamos escoitando a canción "Lisístrata", do grupo galego Fillas da Casandra.
Para ver o desenvolvemento das actividades, preme no vídeo!
martes, 4 de febreiro de 2025
MAGOSTO EN COMPAÑÍA DE ALUMNADO DO CEIP SAN XOÁN
MAGOSTO 2024 NO IES DE BECERREÁ
mércores, 22 de xaneiro de 2025
Programa Ponte da USC
Como era o mapa de Galicia hai 100 anos, charla da man de Rubén Castro Redondo
Dentro do programa “A Ponte” da USC, Rubén Castro Redondo, profesor de Historia Moderna da facultade de Humanidades de Lugo, estivo falando no IES Becerreá co alumnado de 2º de BAC de “como era o mapa de Galicia hai 100 anos”.
Comentou que a organización territorial de Galicia
está baseada nas parroquias ou freguesías dende hai séculos: no catastro de
Ensenada de 1750 xa se recollían 3.700 parroquias, as mesmas ca hoxe; porén
mudaron as provincias, de sete a catro,
e os concellos, de 660 a 313.
O
alumnado procurou na rede documentos do mencionado catrastro de Ensenada no que
aparecían cuestións curiosas como que as xurisdicións das parroquias non lle
corrrepondía ao rei, como acontecía noutros territorios, por exemplo, Castela,
senón a nobres, mosteiros, señores… Así mesmo outras relativas a “quen mandaba”,
número de veciños, profesións, cultivos, etc.
martes, 14 de xaneiro de 2025
Festexos de Nadal no IES de Becerreá
Nadal 2024 no IES de Becerreá
PREME PARA VER O VÍDEO DOS ACTOS
luns, 13 de xaneiro de 2025
Charla sobre diversidade Lingüística no marco da Ponte da USC
Charla da man de Carlos Calhón
O acto durou aproximadamente hora e media e espertou o interese e curiosidade do alumado asistente de 4º da ESO e 1º e 2º de BAC tanto polo extenso labor de documentación que require a obra como por algúns feitos que se relatan: castigos escolares, multas polo uso do galego en público ou queimas de libros.















.jpg)



















.jpeg)