BLOG DO Equipo de Dinamización Lingüística do IES DE BECERREÁ "A REBOLA"
mércores, 20 de abril de 2016
Desde o 18 de xaneiro ao 5 de febreiro temos despregada no noso centro a exposición titulada "Galiza, un país de festas. Ritos festivos singulares" (elaborada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo), organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística. Mediante paneis que combinan texto e imaxes, preséntase unha rica variedade de acontecementos festivos populares, que se desenvolven na provincia de Lugo en distintas épocas do ano e que reflicten unha riqueza cultural inigualable. Desde o entroido e as súas distintas manifestacións ata a folión das fachas en distintos lugares, pasando por danzas rituais, todo queda perfectamente presentado nesta exposición. Para o seu aproveitamento por parte do noso alumnado, un grupo de rapazas e rapaces de 1º da ESO, coordinados polo seu profesor de Lingua Galega, crearon un cuestionario para desenvolver unha actividade xogada entre todos os cursos da ESO e que consiste en buscar a información correcta que responda ás preguntas elaboradas, no menor tempo posible e co obxectivo de obrigar a obter a información máis salientable das distintas manifestacións culturais recollidas na exposición.
| |||
Este xoves o alumnado de Primeiro e Segundo da ESO asistiron á actuación de Cesar Cambeiro. Este actor coñecido pola súa participación en series como Pazo de Famila e Serramoura, estivo no Instituto ao abeiro do Proxecto Dragal, no que por segundo ano participa o noso centro.
Ademais de asistir á actuación, moitos alumnos e alumnas aprobeitaron para facer fotos con el (neste caso, aparece co alumnado de Primeiro da ESO, participante no Proxecto Dragal). |
ELENA GALLEGO, A AUTORA DE "DRAGAL", VISITA DE NOVO O CENTRO |
Igual que sucedera o curso anterior e convidada polo Departamento de Lingua Galega, Elena Gallego Abad visitounos para ter un encontro co alumnado de 1º da ESO que participa no "Proxecto Dragal" (o noso é o único centro da provincia de Lugo que o fai). Deste xeito, tod@s puideron coñecer de primeira man a orixe do libro, o que hai detrás do que nos transmite e outros segredos ben gardados.
Durante as semanas previas todo o alumnado deste curso estivo confeccionando os elaborados decorados que se instalaron no corredor principal do centro, para ambientar o acto e dar un aire medieval e avenetureiro ao acontecemento. Para esta tarefa foron coordinados pola súa profesora de debuxo e do excelente resultado deste traballo, así como da converencia da autora, gardamos probas na galería de fotos. Igualmente, para presentar o noso centro ao resto dos participantes, o profesor coordinador do proxecto e o alumnado elaboraron un vídeo que podes ver aquí.
A próxima cita será no Pico Sacro, onde Elena Gallego se reunirá con todo o alumando participante no proxecto e vivir as aventuras máis sorprendentes.
xoves, 21 de maio de 2015
CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2015
mércores, 4 de marzo de 2015
PROXECTO DRAGAL: VÍDEO DE PRESENTACIÓN DO NOSO INSTITUTO
Por segundo ano
consecutivo está en marcha o Proxecto Dragal, no que participa o IES de
Becerreá a través do Equipo de
Dinamización da Lingua Galega. Trátase dun programa multidisciplinar de
animación á lectura e de creación en galego coas tecnoloxías da información e
da comunicación que parte da triloxía homónima da escritora Elena Gallego Abad.
Este curso, Dragal chega a 659 alumnos e alumnas de primeiro e segundo curso da ESO de 11 centros
educativos das catro provincias galegas. Nel están directamente implicados máis
de 55 docentes.
Centros
participantes no Proxecto Dragal 2014-2015
IES Rafael Puga Ramón (A Coruña)
CPI Virxe da Cela (Monfero)
IES da Pobra do Caramiñal
CPI da Cañiza
IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa)
IES de Valga
IES Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)
IES Xesús Taboada Chivite (Verín)
IES Cidade de Antioquía (Xinzo de Limia)
IES Alfoz-Valadouro (Lugo)
IES de Becerreá
CPI Virxe da Cela (Monfero)
IES da Pobra do Caramiñal
CPI da Cañiza
IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa)
IES de Valga
IES Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)
IES Xesús Taboada Chivite (Verín)
IES Cidade de Antioquía (Xinzo de Limia)
IES Alfoz-Valadouro (Lugo)
IES de Becerreá
Velaquí o vídeo de presentación do noso
Instituto:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
