domingo, 25 de novembro de 2018

O IES DE BECERREÁ CELEBRA O DÍA DA CIENCIA EN GALEGO 

Os departamentos de Física e Química, Tecnoloxía, Matemáticas e Música realizaron obradoiros didácticos para celebrar o Día da Ciencia na nosa lingua

Exposición de Arquímedes e do Pórtico da Gloria.

A actividade práctica e lúdica fixo as ledicias do noso alumnado. Durante os períodos de lecer, no vestíbulo do centro, realizáronse obradoiros prácticos durante tres días. As actividades estiveron apoiadas por unha exposición, onde se reflictían os contidos traballados.

Para a ocasión o Departamento de Física e Química construíu un Ludión ou Demo de Descartes, que consiste nun dispositivo ideado por Descartes, co que se experimentan dous dos Principios fundamentais da hidrostática: o Principio de Pascal, e o Principio de Arquímedes, ademais  recrearon un dos experimentos de Arquímedes consistente nun sistema de poleas.

O Departamento de Tecnoloxía foi o encargado da contrución dun Parafuso de Arquímedes, que é unha máquina gravimétrica helicoidal utilizada para a elevación de auga, fariña, cereais ou material escavado. Foi inventado no século III a. C. por Arquímedes, do que recibe o seu nome, aínda que existen hipóteses de que xa era utilizado no Antigo Exipto.
Parafuso construido en Tecnoloxía
Ludións realizados polo profesorado.

O alumnado de 1º da ESO de Música realizou unha exposición sobre "Os 24 Anciáns Sabios do Pórtico da Gloria", que rematou cun animado kahoot no que participou todo o centro.

Gabriel, Alejo e Sito de 1º da ESO, facendo a exposición.
Para rematar o Departamento de Matemáticas, axudounos a descubrir o número Pi de forma práctica.

Obradoiro do Número Pi.











PREME AQUÍ para ver máis fotos das actividades desenvoltas e AQUÍ para ver o vídeo explicativo do Ludión (principio de Arquímides).

NOVA EDICIÓN DO TICODIARIO DO ALUMNADO DE 1º DE BAC DO IES  DE BECERREÁ

Xa cumprimos a sétima edición deste TICODIARIO, emitido e elaborado polo alumnado de 1º de BAC, o pasado 16 de novembro, durante a súa visita á Fundación TIC

Alumnado de 1º de BAC  cos seus Profes
Álvaro e Juanca, profes do IES de Becerreá na Fundación TIC


                             TICODIARIO 2018 IES DE BECERREÁ

venres, 16 de novembro de 2018

MAGOSTO 2018

O  pasado 15 de novembro celebramos pola tarde, o tradicional Magosto organizado polo alumnado de 4º da ESO



Alumnado de 4º da eso organizador do Magosto 2018


A tarde comenzou cargada de diversión, xogos populares, Karaoke, concurso de chistes, doces elaborados polo alumnado de 1º de BAC e 4º da ESO, e por suposto coma non podían faltar, castañas asadas. 
Parabéns a tod@s os organizadores e participantes.






Algúns alumnos e profes comenzando a festa.
Andrei e Jorge.
Alumnos de 4º con Ramón.
Vero e Iris.

Roberto.


Profe DJ.



PREME AQUÍ PARA VER AS TODAS FOTOS





domingo, 4 de novembro de 2018

SAMAÍN 2018


O 31 de outubro tivo lugar unha lúdica celebración do Samaín conducida polo  alumnado de 4º e 1º da ESO, na que a cultura e a diversión foron protagonistas  

Alumnado e profesorado participante no Túnel do Terror

Foron moitas as actividades e a colaboración de toda a comunidade educativa no Samaín 2018



O alumnado de 4º da ESO foi o encargado da   decoración do vestíbulo do centro. Nesta   actividade colaboraron o departamento de     Tecnoloxía, Plástica, Orientación, e a Titoría de 4º da ESO. O alumnado de Tenoloxía  elaborou unha terrorífica noiva defunta con sensores, que resultou unha atracción para todos. 

 Decoración  Samaín 2018


Durante 10 días o alumnado, e mesmo o profesorado do centro acudiron a un obradoiro de maquillaxe que organizaron o Departamento de Plástica e o Equipo de Dinamización Lingüística nas horas de lecer. Este obradoiro materializouse o 31 de outubro, cando os asistentes ao curso de maquillaxe de terror puxeron en práctica as  habilidades adquiridas, caracterizando a todo o alumnado e a algún pobre profesor do centro.

A titora de 1º da ESO e o alumnado deste curso, realizaron unha presentación do Samaín no que se reflicte a súa orixe e evolución a través do tempo. Ademais o alumnado de 1º da ESO presentou uns relatos de terror que realizaron en Lingua Galega. O Departamento de Lingua Extranxeira tamén se sumou  deleitándonos cuns Poemas Góticos, en inglés, que recitaron as alumnas de 4º da ESO, para todo o Instituto.



PREME PARA VER O VÍDEO
Vídeo  actividades 2018 Corredor do terror

                                        
Pero non remataron aquí as actividades, xa que o alumnado de 4º da ESO organizou un Corredor do Terror na planta baixa do edificio novo do centro, que se decorou e que resultou do máis divertido e terrorífico. Os actores deste corredor foron os propios alumnos de 4º da ESO e profesores caracterizados de diferentes personaxes de terror. A decoración incluía efectos especiais de son, luz , fume, que ambientaron o centro coma se dunha terrorífica película se tratase.


PARABÉNS a todos os participantes e colaboradores desta actividade, que fixeron deste día un Samaín moi especial.






sábado, 13 de outubro de 2018

POEMAS DE AMOR EN OUTONO


Toño Núñez, escritor e mestre, xunto con Alfredo G. Vilela, presentan no IES de Becerreá "Poemas de Amor en Outono"

Cartaz do acto
Nado en Navia de Suarna, e acompañado polo músico e veciño de Becerreá Alfredo G Vilela, presentounos  seu libro " Poemas de Amor en Outono". Toño e Alfredo  acudiron ao centro, na tarde do xoves para amosarnos esta obra poética chea de amor á terra, á fala, ó sangue e á amizade, dunha forma persoal e íntima onde a música e a poesía se fundiron nun acto, que nos adentrou na nosa querida terra.




Alumnado Afondamento de Lingua Galega 1º de BAC



O alumnado de Afondamento en Lingua Galega de 1º de BAC presentou o acto ao que acudiu todo o alumnado do centro, pais, nais, e algún veciño da Vila de Becerreá. Os presentadores fixeron un acercamento á vida e obra deste escritor e mestre da nosa comarca, que sen dúbida nos fai sentir orgullosos da nosa identidade.



Toño Núñez e Alfredo G. Vilela



PREME AQUÍ PARA VER AS FOTOS DO ACTO



xoves, 21 de xuño de 2018



V PREMIO IES DE BECERREÁ Á PROMOCIÓN DA LINGUA E A CULTURA GALEGA  NA COMARCA DOS ANCARES


 Fuco Pérez e Xavier Moure , Premiados na V Edición do Premio da Lingua e da Cultura galega do IES de Becerreá 

       Celebramos no salón de actos do IES de Becerreá a quinta edición do galardón creado polo Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro, cuxo acto de entrega tivo lugar o xoves 21 de xuño, coa asistencia e intervención dos doas representantes premiados; Xavier Moure, pola súa labor na Asociación cultural Patrimonio dos Ancares ( na categoría de persoas, asociacións, entidades ou colectivos involucrados ou que traballen directamente no labor cultural), e na categoría de iniciativas privadas, empresariais ou comerciais atribuíselle o premio a Fuco Pérez pola “ Casa Museo do Sexto”. Asistiron ao acto a comisión creada para este fin, o alumnado e docentes  do centro, familiares dos premiados, o equipo directivo e veciños da comarca que se acercaron a este tan emotivo acto.
Nesta ocasión, as pezas da artesanía entregadas como galardón eran dúas fontes feitas a torno  elaboradas polo artesán da zona Ignacio Gómez Abrao. O acto foi moi emotivo.

Premiados, maila comisión do Premio 
VÍDEO DO ACTO

mércores, 13 de xuño de 2018

"O PROGRESO DOS ANCARES " PREMIADO NO CONCURSO ESCOLA DE PRENSA "EL PROGRESO" 2017/2018


O IES de Becerreá é o centro con máis premios individuais da segunda edición da Escola de Prensa de "El Progreso"


"O Progreso dos Ancares atópase exposto no vestíbulo do centro, e ademáis podes velo enteiro neste blog, na marxe dereita, en ESCOLA DE PRENSA. O proxecto pretende achegar o mundo xornalístico ao alumnado. Debido aos resultados acadados non cabe dúbida de que no  IES de Becerreá hai madeira de xornalistas. Parabéns a tod@s os participantes polo traballo, a ilusión e o esforzo.






Os premios acadados foron os segintes:

Mellor información de tendencias polo artigo "Modas virais e memes nas redes sociais", de Yolanda Fernández e Samara Rodríguez.





Mellor entrevista a Emma Pulido, carteira, pintora e artirta de Antón López.      

                                                         




Mellor información cultural, pola tradución                  Mellor contraportada: Antía Álvarez

ao marroquí de "Airiños Airiños Aires" de Rosalía.
                                                         
                                                         



Premio especial Leyma mellor artigo da leite : Tamara Simón Ferreiro, e Marcela Miñambres.


                                      
PREME AQUÍ para ver as fotos dos galardóns e do alumnado participante.
E este é o vídeo do acto de entrega dos galardóns aos nosos alumn@s.