BLOG DO Equipo de Dinamización Lingüística do
IES DE BECERREÁ
"A REBOLA"
martes, 30 de novembro de 2021
SAMAÍN 2021
Lendas e vellas historias, son comúns ou citan máis dun
concello da comarca dos Ancares. Esta terra agocha historias de misterio, que o alumnado do EDL recompilou para
conmemorar o Samaín. As lendas expuxéronse no vestíbulo do centro nunha
terrorífica exposición, xunto con recomendacións lectoras para o alumnado.
Para ver as lendas recompiladas polo alumnado PREME AQUÍ
luns, 4 de outubro de 2021
O pasado 28 de setembro, o alumnado de
1º de BAC do IES de Bececerreá participou no obradoiro de poesía desenvolto pola Fundación Uxío Novoneyra
Organizado pola Fundación
Uxío Novoneyra, e impulsado pola
Xunta de Galicia dentro da programación “O teu Xacobeo”, as lecturas
e obradoiro que o alumnado tivo a oportunidade de descubrir tiveron como fonte de inspiración as rotas descritas
no libro Arrodeos e Desvíos do Camiño de Santiago, último poemario de Uxío
Novoneyra.
A Fundación Uxío
Novoneyra desenvolve de xeito anual a convocatoria de residencias poéticas
itinerantes no Camiño de Santiago «Ámeto Mítico», un proxecto que
forma parte da programación «O teu Xacobeo» impulsada pola Xunta de Galicia.
«Ámeto Mítico» ten
como obxectivo actualizar e dialogar co legado da poesía trobadoresca
galego-portuguesa, caracterizada polo influxo da lírica provenzal e
doutras influencias que, coma a poesía sufí, chegaron a terras de Galicia polos
camiños de peregrinación xacobea. Toma como inspiración as rotas descritas
no libro Arrodeos e Desvíos do Camiño de Santiago, último poemario de Uxío
Novoneyra, quen foi tamén un recoñecido actualizador da poesía trobadoresca.
«Ámeto Mítico» foi precisamente o nome co que o poeta nomeou este volume
elixido para pechar a súa obra.
Estas residencias
internacionais de escrita buscan achegármonos a ese «ámeto mítico» que imaxinou
Novoneyra. Con elas a Fundación quere contribuir recuperar a temática xacobea
para a poesía actual ao tempo que convidar ao recoñecemento entre a mocidade do
Camiño de Santiago, primeiro Itinerario Cultural Europeo.
«Ámeto Mítico»
reactiva este legado. Acompaña a poetas interesadas/os na experiencia da
peregrinación co obxectivo de divulgar o Camiño como espazo mítico sobre o
que continuar a escribir poesía.
venres, 18 de xuño de 2021
O Equipo de
dinamización e Normalización lingüística do IES de Becerreá realiza unha
enquisa sobre o uso de galego no centro
Este curso por iniciativa do EDL do centro elaborouse unha enquisa,
para alumnado de 1º, 2º, 3º da ESO, cuxo obxectivo principal
foi coñecer o nivel de uso do galego dos alumnos de 1º, 2º, e 3º de ESO do IES.
A intención e seguir realizando esta enquisa en anos sucesivos para ter o
coñecemento do nivel de normalización lingüística do centro.
A hora de interpretar os resultados, hai que ter en conta o pequeno
tamaño da mostra, 36 alumnos, o que supón que un só alumno represente un 3 %,
polo que pequenas porcentaxes non van ser significativas,
O nivel do uso do galego nos alumnos do IES é sensiblemente superior ó
nivel de uso que se dá na franxa de idade semellante na provincia de Lugo,
segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE).
Os alumnos amosan un nivel de
uso do galego no Instituto semellante ó do ambiente familiar, aínda que neste
ámbito hai unha certa tendencia ó monolingüismo, é dicir, na maioría das
familias fálase só galego ou só castelán
Non sendo no ambiente
familiar, o uso do galego é maior no ámbito do Instituto que fóra del.
Tamén se aprecia un nivel de uso maior que na Ensinanza Primaria.
O alumnado do Instituto percíbense cun dominio oral do galego maior do que
se perciben os que se da franxa de idade semellante en Galicia segundo os datos
do (IGE).
martes, 25 de maio de 2021
Alumnado de 2º e 3º da ESO asiste a un Obradoiro de Portugués no IES de Becerreá
A Associaçom Galega da Língua (AGAL) desenvolveu un obradoiro de achegamento ao
portugués no IES de Becerreá, da man da área de cultura da Deputación de
Lugo.
O Obradoiro tivo
como obxectivo descubrir ao alumnado a vantaxe do galego para aprender
portugués e acceder ao mundo que se expresa nesa lingua, a sexta do mundo en
falantes. A actividade de cen minutos de duración, ofrécenos unha formación
básica en portugués con actividades amenas, en que se usa a interactividade e
ferramentas moi interesantes para o alumnado como a música, para mostrar que a
aprendizaxe do portugués é moi fácil para os galegos.
Como falantes de galego,
formamos parte dun sistema lingüístico compartido con 240 millóns de
habitantes, unha porta aberta ao mundo que cremos que debemos empregar mais a
todos os niveis, cultural, social, económico. O coñecemento que fomentan estes
obradoiros de AGAL son un paso nesa dirección.
Os obradoiros contan con catro
bloques de contidos, que pretenden un achegamento á ortografía e ao
léxico portugués a través do coñecemento que proporciona o galego para amosar a
vantaxe competitiva que temos en termos de comprensión escrita á hora de
aprender portugués.
Ademais, informan do que a
lusofonía representa en termos xeográficos, culturais e económicos,
contribuíndo a tomar consciencia do que descoñecemos dos países que falan
portugués. Tamén fornecen recursos para que os alumnos e alumnas sexan autónomas
na aprendizaxe, poñéndoas en contactos con diferentes recursos culturais, desde
música ou cinema ata xornais e xogos.
luns, 17 de maio de 2021
LETRAS GALEGAS NO IES DE BECERREÁ
Durante esta semana terán lugar as actividades para conmemorar a figura de Xela Arias. O alumnado que elaborou os materiais será o encargados e amosar os traballos realizados
Zaira Alba Novo, Lucía Rodríguez, Mencía
Gegunde Fernández, Daniela Novo López, Javier González Corral, Maitane López Navia,
Ainara Pereira Álvarez, Noelia Caloto, María Alexandra Popa, Iván Piélago
González, e Alejo Díaz Rodrigez foron os encargados e encargados de levar a cabo estes traballos que acontinuación podedes decubrir.
PARABÉNS A TODS EL@S
Exposición no vestíbulo do centro realizada polo alumnado encargado desta efeméride.
Xela Arias convértese este 17 de maio na
quinta muller homenaxeada no Día das Letras Galegas. Aínda que a data
escolleuse por ser o día que se publicaron cantares galegos de Rosalía de
Castro, desde a súa primeira edición, en 1963, moi poucas mulleres foron homenaxeadas
polo seu papel na literatura galega, trátase da quinta en case 60 anos de historia cuxa primeira celebrada fora Rosalía.
O papel da autora no mundo editorial, pioneira á hora de traducir os grandes
clásicos da literatura ao idioma propio, e a súa vocación docente, ademais da
súa importancia na poesía contemporánea, foron as razóns para este
recoñecemento por parte da Real Academia Galega (RAG).
O alumnado encargado produciu dous vídeos para
divulgar nas redes do centro, o primeiro de carácter didáctico no que se achega
a vida e a obra de Xela Arias, e un vídeo poema con recitado dun fragmento da
obra “Denuncia do equilibrio”.
Velaí o seu traballo
PREME AQUÍ PARA VER O VIDEOPOEMA
PREME AQUÍ PARA CONOCER A BIOGRAFÍA DE XELA ARIAS
Tamén se deseñaron uns marcapáxinas para repartir entre toda a comunidade educativa, e expuxéronse varios exemplares de libros da autora.
venres, 14 de maio de 2021
Rosalia e o IES de Becerreá unidos nun graffity
Aproveitando a iniciativa desenvolta e sufragada desde a
Área de Cultura da Deputación de Lugo, pensada para a celebración do Día de
Rosalía, o muro frontal do noso centro foi o lenzo no que os artistas do
Colectivo Circo (http://www.conceptocirco.com/)
ligaron a figura da nosa poetisa co nome do centro, nun graffiti que
impresiona pola súa orixinalidade, calidade artística e polo rapidez coa que
foi creado (apenas un par de horas).
domingo, 7 de marzo de 2021
Dia Internacional das Mulleres IES de Becerreá
Exposición "Nós Outras" sobre as mulleres nas letras, na ciencia e na música.
Celebramos un novo 8 de marzo. Dia
Internacional das Mulleres. Unha data cun gran significado: o que lle damos as
mulleres que día a día loitamos por conseguir o lugar que nos corresponde na
sociedade. É un día de celebración, pero tamén de reivindicación. A nosa loita
debe ser vista como motor de cambio, combativo e transformador.
Sempre no camiño, a prol da igualdade de xénero!
A exposición que este ano nos ocupa,
visibiliza figuras femininas de distintos eidos, mulleres de hoxe e
antano, que moitas veces quedaron esquecidas, ou ben, no caso de hoxe
descoñecidas, darlles o seu lugar parécenos un labor fundamental. O traballo realizouse desde distintos
departamentos: Física e Química, Lingua Galega, Música, Equipo de
Dinamización Lingüística e o Equipo da Biblioteca. O Alumnado participante
pertence a distintos cursos, a saber: Noelia Caloto Ramos, Daniela
Novo López, Maitane López Navia, María Alexandra Popa, Ainara
Pereira Álvarez, Natalia Díaz Fernández, Iris González
López, Zaira Alba Novo, Paula López Rosón, Kevin Armesto
Brea, Javier González Corral, Lucia Rodríguez Díaz, Iván Piélago
González.
Durante esta semana os departamentos didácticos traballarán na elaboración e divulgación de vídeos sobre este traballo que axudará ao alumnado a coñecer mellor a estas mulleres.
Para ver o vídeo do traballo "Escritoras galegas", preme aquí: