venres, 14 de marzo de 2014

MULLERES NOS ANCARES

O pasado martes 11 no centro baixo o tema de "As mulleres nos Ancares" mantivemos una mesa redonda na que participaron Sandra López, da cooperativa A Carqueixa, de Cervantes, Blanca Souto, propietaria da panadería Nullán, Maruxa Bardasco, educadora social e Pilar García Carballo, que moderadas pola nosa profesora Catalina Rey, e pola alumna Sandra comentaron as súas experiencias, anécdotas, dificultades, en definitiva aportaron cas súas propias vidas unha visión que para os alumnos resultou de interese, como comprobamos todo o profesorado sorprendid@s non tanto polo seu comportamento de respecto neste tipo de actos, ao que xa estamos acostumad@s, máis polo verdadero silencio e atención que atopamos no salón de actos.
Queremos agradecer as nosas poñentes, o seu tempo, o seu esforzo, e o seu atrevemento a falar en público. Agradecemos a nosa profesora Catalina que dirixese o acto dunha forma tan amena e entrañable, guiando as participantes e dando momentos de conversa. Agradeceoms tambén a alumna Sandra ESpín a participación no acto e as súas acertadas intervencións(sospeitamos que pode ser porque entrena na liga de debate)e por último agradecemos aos profesores a súa asistencia e dinamización do acto e ao público que xa o sabedes de sempre GRAZAS.

xoves, 27 de febreiro de 2014

O ENTROIDO EN GALICIA

http://issuu.com/bibliobece/docs/o_entroido_en_galicia.pptx

Traballo do alumnado de 2º da ESO

PRÓXIMA CHARLA SOBRE A MULLER NOS ANCARES



CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO NO CENTRO

O pasado luns, 24 de febrero como xa sabedes, celebramos o día de Rosalía de Castro no noso centro. Puidemos ver aos alumnos de 1º e 2º de ESO, como cada ano melloran nas súas recitacións sobre poemas, este ano a competición foi tal que o xurado composto por profesorado de ESO e BAC decidiu dar tres premios e cinco accésit. Todos os alumnos participantes foron agasallados co un caravel e un diploma de participación e máis os gañadores do concurso que levaron equipamento cara á primaveira (camisetas, mochilas e gorras).
No concurso de releto e poema estes foron os gañadores:

Nivel I
Primeiro premio
" A princesa Zoela". Relato de Celia Pardo Calderón. 1º ESO
Segundo premio
"Unha visita na noite". Relato de Silvia López Soto 2º ESO
Nivel II
Primeiro premio
"Os espellos". Relato de Miriam Carreras Lozano. 4º ESO
Segundo premio
"A casa abandonada". Diego Marcos López. 4º ESO

ACCESIT EN PARTICIPACIÓN DE POESÍA
Candela Fernández Roldán 4º ESO. Nivel II
María Fiallega Pérez. 1º ESO. Nivel I

Os relatos e poemas poderanse ler na revista do centro.

Moitas grazas a todo o público polo seu respecto aos compañeiros e ao acto, é sempre una garantía para seguir facendo actos como este.
E ....GRAZAS AS PRESENTADORAS MÁIS SALEROSAS DO IES, MARÍA E SILVIA!!!!!!!!

ACTOS DE CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA NO IES


venres, 31 de xaneiro de 2014

CERTAME LITERARIO IES DE BECERREÁ

Poderán participar todo o alumnado matriculado no IES DE BECERREÁ durante o curso 2013/2014
Establécense dúas modalidades: Relato e Poesía
O tema será libre. Valorarase especialmente calquera referencia sobre a figura de Rosalía de Castro ou da súa obra literaria
Cada participante poderá concursar con máis dunha obra se así o desexa.
Establécense dúas categorías de participación:
  NIVEL A) 1º-2º-3º ESO. A ESCOLLER ENTRE RELATO OU POESÍA
  NIVEL B) 4º ESO- 1ºBAC-2ºBAC. A ESCOLLER ENTRE RELATO OU POESÍA
Os traballos deberán ser inéditos e orixinais. Calquera plaxio ou sospeita de plaxio acreditada, invalida a obra presentada


Presentación:
1) En Lingua Galega e preferentemente a ordenador.
2) Os traballos  estarán asinados con pseudónimo ou lema. Presentaranse dentro dun sobre pechado, no que tamén debe incluírse un sobre cunha folla de datos do autor ou autora así como o nivel ao que pertence.
3) A entrega das obras  realizarase na biblioteca durante o tempo de lecer de recreo. A biblioteca conta con material necesario para facilitar aos autores/as a presentación dos seus traballos.
4) DATA LÍMITE PARA A PRESENTACIÓN DE TRABALLOS: 19 FEBREIRO
5) O fallo do xurado será inapelable e poderá declarar os premios desertos se así o considera oportuno.
6) O XURADO estará formado por profesorado do centro IES DE BECERREÁ
7) A data do fallo do tribunal será o día 24 de febreiro, coincidindo cos actos conmemorativos no centro  á figura de Rosalía de Castro.

Premios:

EN CADA CATEGORÍA HABERÁ UN PRIMEIRO E UN SEGUNDO PREMIO

xoves, 19 de decembro de 2013