BLOG DO Equipo de Dinamización Lingüística do
IES DE BECERREÁ
"A REBOLA"
martes, 12 de marzo de 2019
NO IES DE BECERREÁ CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER COA COLABORACIÓN DA AGRUPACIÓN MUSICAL FEMININA "SON DE CORES"
Actuación agrupación musical Son de Cores.
Este martes 12 de marzo, no Salón de actos do centro, conmemoramos o Día da muller. O acto comenzou coa emotiva actuación do alumnado de Afondamento en Lingua Galega de 1º de BAC, na que se citaban frases de personalidades célebres de diferentes ambitos, nas que se reividicaba a igualdade entre mulleres e homes. Pero sen dúbida, o que foi un verdadeiro agasallo, foi a actuación da agrupación feminina "Son de Cores", integrada por mulleres veciñas da comarca, que tiveron a xenerosidade de actuar para para nós. Esta agrupación ten o compromiso de erradicar todos os aspectos sexistas da literatura utilizada no folclore, ademáis de ponderar a figura da muller e a música do País. Maruxa , integrante do grupo explicou a todos os asistentes, o cambio que o papel da muller na vida do rural experimentou co paso do tempo, e afondou na idea de que aínda hai moitas cousas que cambiar. Sen dúbida foi un pracer poder compartir con elas este día tan especial para todas.
Para rematar todas as alumnas, profesoras, e integrantas de "Son de Cores" cantaron xuntas a cantiga difundida nas redes "Vai tú, vai ela".
PREME PARA VER O VÍDEO DO ACTO
Alumnado de Afondamento en Lingua Galega, na súa actuación.
Todas as participantes cantado xuntas polo feminismo.
Exposición Mulleres Galegas realizada no IES de Becerreá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario