mércores, 14 de outubro de 2020

 Día da muller rural 2020

    O Día Internacional das Mulleres Rurais, ten como obxectivo o recoñecemento ao papel decisivo das mulleres no desenvolvemento, a seguridade alimentaria e a erradicación da pobreza.

     Esta data estableceuse no 2007 por Nacións Unidas, e dende o IES de Becerreá   parécenos fundamental por en valor a importancia do traballo, aportacións económicas, sociais e culturais, que desenvolven as mulleres en áreas rurais de Galicia. Dar voz e apoio a proxectos de promoción da Igualdade, fomentan o empoderamento feminino, o desenvolvemento profesional e o liderado das mulleres, dignificando o seu papel no ámbito rural.

     O noso gran de area, e facer unha homenaxe a todas as mulleres labregas neste día, presentándovos o vídeo  “Armesto”, realizado Ainhoa Castro Fernández, alumna do centro e membro do Equipo de Dinamización Lingüística, e  pola exalumna Andrea Valle, autora dos poemas recitados no vídeo; “Galiza “ e Gandeiriñas”, 

Velaí o vídeo e parabéns para Ainhoa e Andrea polo seu traballo.


PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario