No IES de Becerreá conmemoramos o Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
O número de mulleres asasinadas por violencia de xénero ascende a 37 en 2021 e a 1.112 desde 2003, o número de menores orfos e orfas por violencia de xénero ascende a 19 en 2021 e a 323 desde 2013.
Exposición "Eu non Kalho por elas" |
No vestíbulo do centro presentouse unha exposición, na que se representou con bolboretas as vítimas da violencia
machista, e o propósito de cada unha delas non se converta nunha muller
maltratada máis, senón nun reclamo para exixir que xa é suficiente, e que isto
ten que cambiar.
Coa implicación e a
participación da Dirección do centro, os departamentos didácticos, o Equipo da Biblioteca,
o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística, o alumnado e profesorado tiveron
lugar diversas actividades para rexeitar esta lacra, e dar visibilidade a este grave
problema que ten a sociedade.
En primeiro lugar celebrouse un
concurso de carteis organizado polo departamento de Orientación e Plástica , o cartel
premiado expúxose no Concello, no Centro de Saúde e no Centro social de
Becerreá, así como no vestíbulo do instituto. A alumna premiada foi Noa Digón
Uría co cartel “O noso corpo non quere a vosa opinión”. Dada a calidade dos
carteis realizados concedéronse tres accésits “Indomable” de a Verónica López Rey, “Que non che pinchen a
liberdade” de Iván Piélago, e “quero ser aquela marioneta que se arrincou os
fíos e comezou a voar”.
O seguinte acto consistiu nun
recital de poesía e música a cargo de
alumnas pertencentes ao EDL do instituto e a Vicedirectora Yolanda Pérez Zapiain, que presentou a
actividade.
Para rematar, o Departamento de Educación Física organizou unha carreira por parellas. Antes da saída, o Director do centro, Fernando Cerecedo facía entrega dunha dorsal co nome, idade e lugar falecemento de cada vítima, o alumnado antes de emprender a marcha nomeou a viva voz, os nomes de todas as falecidas este ano. As dorsais penduráronse na pasarela que une os dous edificios que forman o instituto. Con esta iniciativa queríamos visibilizar que a violencia non ten fronteiras: hai mulleres mortas por todas as comunidades de España, de todas as idades e de todas as condicións sociais.
Aínda que fomos camiñando, non foi unha carreira, xa que marchamos
con espírito deportivo de loita e superación para combater e rexeitar
calquera forma de violencia machista, no nome destas vítimas, para que non haxa
máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario