sábado, 22 de xullo de 2017

Conmemoración Día de Rosalía de Castro 2017

       O  Día  de Rosalía de Castro foi conmemorado no  centro con actividades e exposicións temporais, que poden ser visitadas.

Distintas actividades foron realizadas no centro para conmemorar o Día de Rosalía.
Por un lado, unha exposición de material bibliográfico pertencente á biblioteca do noso centro e unha selección de láminas que reflicten aspectos da súa figura como poetisa.
 Comezou o acto central amosando unha montaxe audiovisual que recolle o recitado de  poemas por mulleres e nenas galegas, realizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua 

Galega. Continuou coa exposición de catro versións musicais dun poema de Rosalía, "A xustiza  pola  man",  nos distintos      estilos      de Amancio   Prada,    Aid, Poetarras e Nao. Seguiu unha     animada     poxa poética, coa participación de alumnado e profesorado e    rematou    con    tres intervencións    musicais, preparadas polo alumnado
de 1º de Bac: na primeira, Ángela e Alba interpretan a súa versión do poema "Negra sombra"; na segunda, un grupo de alumnos canta "Adiós ríos, adiós fontes" e na terceira e última, este mesmo grupo, 4º Eso, acompaña a dous profesores, Ramón e Jesús, que foron as voces principais en "Campanas de Bastabales".



Antroido 2017

O Antroido no IES Becerreá, queimando ao presidente Trump


Con motivo do Antroido, tiveron lugar no centro unha serie de actividades e unha exposición que daba a coñecer como se celebra o Entroido en Galicia


O  venres 24  de  febreiro organizouse no noso centro o Antroido, todo organizado polo  alumnado de  4º  da ESO, coordinado polo Equipo de Dinamización Lingüística do IES de Becerreá e coa participación de diferentes departamentos.

                                                    Exposición Antroido 2017

Nadal 2016

O IES Becerreá adiantase ao Nadal coa celebración de fin de ano
O Nadal celebrouse o 21 de decembro

 O Equipo de Dinamización Lingüística do IES de Becerreá do noso instituto, a modo de despedida do primeiro trimestre e benvida do nadal, coordinou  unha  serie  de actividades das que todos disfrutamos. Comezamos cun mini­concerto a cargo do alumnado de 1º de Bac, no que tocaron unhas panxoliñas, mentres que o resto intentábamos seguirlles o ritmo cantándoas. Cando acabou, degustamos os doces que fixeron os alumnos e un chocolate con roscón de Reis para lamber os dedos! Como xa é tradición, repartiron doce “lacasitos” e  celebramos as campanadas. Despois diso continuamos coa  festa  con música, cantigas tradicionais, karaoke e sobre todo, moitos bailes. E así foi como,entre moitos sorrisos, celebramos o noso Nadal e demos comezos ás vacacións para coller forzas para comezar de novo uns días despois, pero con moitas ganas!.
                          Alumnos de 1º de Bac interpretando as cantigas de Nadal
                                                        Degustación do Roscón de Reis

Magosto 2016

O Magosto, unhafesta que se celebradende ainauguración do centro


Como é tradicional en Galicia nós tamén celebramos o noso propio Magosto, O Equipo de EDL do IES de Becerreá xunto con varios departamentos do centro festexa o seu magosto coa súa xente, donde cada un aportou o seu gran de area para levar acabo esta maravillosa festa,

Samaín curso 2016/17

A celebración do Samaín: obra de teatro, música e moita festa



Con motivo do Samaín, os alumnos de 4º Eso organizamos unha tarde de actividades relacionadas cos celtas, e unha merenda con doces dos alumnos.

O día 3 de novembro festexamos no IES Becerreá o Samaín. Os alumnos de 4ºESO organizamos a festa, e vestímonos cos traxes típicos da época celta, xa que neste Samaín fixemos fincapé nas súas tradicións deste dia tan importante para eles. Para comezar fixemos a entrega de premios do concurso de relatos e o noso ganador foi  Javier Cadenas  cun conto sobre a coñecida “ Santa Compaña”. Despois representamos unha obra na que, para facela, tivemos que informarnos sobre a historia dos celtas e as súas costumes, e trataba sobre o aninovo celta. Por último convidamos a todo o instituto a  unha merenda con doces típicos desta época.









martes, 11 de xullo de 2017



                                             AS CINSAS DO APÓSTOLO

Presentámosvos unha curtametraxe, froito dun traballo interdisciplinar levado a cabo con moito esforzo e entusiasmo polo profesorado participante e o alumnado protagonista, a quen temos que darlles o máis sonoro aplauso e as nosas felicitacións polo traballo desenvolto, polo resultado que se reflicte no vídeo e pola experiencia educativa para tod@s. E non esquecemos agradecer a colaboración da Fundación TIC, que cos medios técnicos de gravación e edición e os medios humanos postos á nosa disposición, fixeron posible este resultado, que foi presentado ao alumnado e profesorado do centro ao remate do curso, e aos veciños de Becerreá na Casa da Cultura, coincidindo coas festas de San Xoán.
Para coñecer máis a fondo este proxecto, PREME AQUÍ e lerás o artigo da nosa revista "A Rebola" no que se explica con detalle todo o proxecto.
E para ver as fotos das presentacións, AQUÍ.

mércores, 5 de xullo de 2017

O ALUMNADO DE 4º DA ESO PREMIADO NO PROXECTO "ESCOLA DE PRENSA O PROGRESO".


- Se queres coñecer cal foi a experiencia do noso alumnado de 4º da ESO neste proxecto de traballo organizado polo diario El Progreso, no que participaron 32 centros de ensino lucenses de Primaria e Secundaria, PREME AQUÍ, e tamén te informarás sobre os logros acadados, froito do seu esforzo (non esquezas ler a primeira páxina da nosa revista). Para coñecer o proxecto máis polo míudo, poder utilizar este enlace: http://www.escoladeprensaelprogreso.es/ . E finalmente, se queres coñecer ao grupo participante e, de paso, botar unhas risas, podes ver  este vídeo co que se presentaron ao proxecto e que foi premiado polos organizadores como o mellor vídeo (ollo ás tomas falsas!!).