luns, 23 de marzo de 2026

DÍA DA MULLER NO IES DE BECERREÁ

 POR UNHA IGUALDADE REAL E EFECTIVA ENTRE HOMES E MULLERES

O IES de Becerreá é un centro comprometido coa igualdade entre homes e mulleres. Desde o Equipo de Dinamización Lingüística promovemos a reflexión sobre os dereitos das mulleres e a igualdade de oportunidades. Para iso, desde distintas materias, o alumnado realizou actividades que ensalzan os valores do respecto mutuo, a xustiza e a inclusión, e logo fíxose unha exposición co resultado na entrada do centro, como cada ano. Por exemplo, na materia de Música traballáronse as figuras femininas da historia, case sempre infravaloradas e silenciadas; e na materia de Latín, a partir dun texto contemporáneo, o alumnado fixo unha revisión do mito clásico desde unha perspectiva feminista. Ademais, este curso completouse dita exposición con mensaxes positivas cara a mulleres por parte do alumnado de 1º da ESO.

Neste enlace de Calameo está o traballo realizado polas alumnas de 1º de BAC de Latín I, e tamén se poden ver as restantes publicacións do 8M, entre elas a táboa das científicas realizada no pasado curso. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario