luns, 23 de marzo de 2026

SEMANA DA PRENSA 2026

 SEMANA DA PRENSA, EN GALEGO.

    Do 9 ao 13 de marzo levouse a cabo a semana da prensa no noso centro. Durante toda a semana os alumnos e alumnas podían acudir á Biblioteca, acompañados de profesores e profesoras das materias, ou no lecer para ler a prensa, tanto galega como nacional e internacional. 

    Fixéronse distintas actividades cos xornais, de xeito que os estudantes puxeran en práctica o pensamento crítico e a creatividade e á vez estiveran ao tanto do que sucede no mundo: analizaron datos, buscaron etimoloxías de palabras, comentaron textos, reflexionaron sobre as novas...

Velaquí un traballo realizado polo alumnado de Grego de 2º de BAC. Empregando os xornais, investigaron sobre a etimoloxía de palabras en galego, anotando, en grego, a súa orixe.





Ningún comentario:

Publicar un comentario