luns, 23 de marzo de 2026

DÍA DA POESÍA NO IES DE BECERREÁ

 CALIGRAMAS POLO DÍA DA POESÍA 

    O 20 de marzo celebrouse o Día da Poesía no IES de Becerreá, que se reflectiu na exposoción do “Tendal da poesía” no que se colgaron, como se se tratara de prendas, uns caligramas que realizou o alumnado na biblioteca a partir de poemas de autores galegos ou en lingua galega. 

    O caligrama é unha forma creativa de poesía na que as palabras forman debuxos relacionados co seu contido. A actividade permite xogar coa linguaxe combinando arte e escrita, ademais, é unha forma de achegar a literatura galega ao alumnado.














Ningún comentario:

Publicar un comentario