BLOG DO Equipo de Dinamización Lingüística do IES DE BECERREÁ "A REBOLA"
mércores, 20 de abril de 2016
Desde o 18 de xaneiro ao 5 de febreiro temos despregada no noso centro a exposición titulada "Galiza, un país de festas. Ritos festivos singulares" (elaborada pola Área de Cultura da Deputación de Lugo), organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística. Mediante paneis que combinan texto e imaxes, preséntase unha rica variedade de acontecementos festivos populares, que se desenvolven na provincia de Lugo en distintas épocas do ano e que reflicten unha riqueza cultural inigualable. Desde o entroido e as súas distintas manifestacións ata a folión das fachas en distintos lugares, pasando por danzas rituais, todo queda perfectamente presentado nesta exposición. Para o seu aproveitamento por parte do noso alumnado, un grupo de rapazas e rapaces de 1º da ESO, coordinados polo seu profesor de Lingua Galega, crearon un cuestionario para desenvolver unha actividade xogada entre todos os cursos da ESO e que consiste en buscar a información correcta que responda ás preguntas elaboradas, no menor tempo posible e co obxectivo de obrigar a obter a información máis salientable das distintas manifestacións culturais recollidas na exposición.
| |||
Este xoves o alumnado de Primeiro e Segundo da ESO asistiron á actuación de Cesar Cambeiro. Este actor coñecido pola súa participación en series como Pazo de Famila e Serramoura, estivo no Instituto ao abeiro do Proxecto Dragal, no que por segundo ano participa o noso centro.
Ademais de asistir á actuación, moitos alumnos e alumnas aprobeitaron para facer fotos con el (neste caso, aparece co alumnado de Primeiro da ESO, participante no Proxecto Dragal). |
ELENA GALLEGO, A AUTORA DE "DRAGAL", VISITA DE NOVO O CENTRO |
Igual que sucedera o curso anterior e convidada polo Departamento de Lingua Galega, Elena Gallego Abad visitounos para ter un encontro co alumnado de 1º da ESO que participa no "Proxecto Dragal" (o noso é o único centro da provincia de Lugo que o fai). Deste xeito, tod@s puideron coñecer de primeira man a orixe do libro, o que hai detrás do que nos transmite e outros segredos ben gardados.
Durante as semanas previas todo o alumnado deste curso estivo confeccionando os elaborados decorados que se instalaron no corredor principal do centro, para ambientar o acto e dar un aire medieval e avenetureiro ao acontecemento. Para esta tarefa foron coordinados pola súa profesora de debuxo e do excelente resultado deste traballo, así como da converencia da autora, gardamos probas na galería de fotos. Igualmente, para presentar o noso centro ao resto dos participantes, o profesor coordinador do proxecto e o alumnado elaboraron un vídeo que podes ver aquí.
A próxima cita será no Pico Sacro, onde Elena Gallego se reunirá con todo o alumando participante no proxecto e vivir as aventuras máis sorprendentes.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)