BLOG DO Equipo de Dinamización Lingüística do
IES DE BECERREÁ
"A REBOLA"
mércores, 9 de decembro de 2020
Xulio Xiz presentou
no IES de Becerreá a exposición “Carballo Calero en Lugo”, para o alumnado de
3º da ESO
A exposición ocupará
o vestíbulo do centro dende o 9 ata o 16 de decembro, para que o alumnado e
profesorado a podan desfrutar
Antón Bao Abelleira presentando a charla sobre Carballo Calero.
Exposición Carballo Calero, no IES de Becerreá.
Xulio Xiz impartindo a charla.
Convidado polo profesor de Lingua Galega Antón Bao Abelleira, tivemos a sorte de contar coa presenza de XULIO XIZ, que non é a primeira vez que nos visita, xa que noutra ocasión, Xulio achegouse a Becerreá para relatar as lembranzas sobre a pegada que Antón Fraguas deixou na cidade das murallas. Nesta ocasión o xornalista, guionista, escritor e produtor galego achegou a figura de Carballo Calero a todos os asistentes, relatando a súa labor como docente, e defensor da lingua do país. Segundo Xulio, os quince
anos nos que Ricardo Carballo Calero residiu en Lugo tivo unha importante
relación ca cidade, e cando por fin se lle dedicou o agardado Día da Letras Galegas
o colectivo Egeria fíxose voceiro de ducias de alumnas e alumnos para dar a
descubrir o seu vencello coa cidade, e a admiración que produciu como docente nela.
Así naceu esta exposición que agora todo o alumnado e profesorado pode disfrutar no IES de Becerreá.
Folletos da exposición en miniatura, entregados ao alumnado.
xoves, 3 de decembro de 2020
ESTREA DA CURTA "A NOITE DE SAMAÍN", NO IES DE BECERREÁ
O EQUIPO EDNL DO IES DE PECERREÁ PRESENTA A CURTAMETRAXE REALIZADA POR MENBROS DO EQUIPO, E RODADA NO CENTRO
Con moita ilusión de todos os participantes na realización desta curta, presentamos este traballo, esperando que vos guste.
Queremos agradecer especialmente a Yolanda Pérez Zapiain (actriz principal), Ana Álvarez (actriz secundaria), a Gemma Piñeiroa (xefa de produción), ademais de dar os parabéns a Elba Cordero, Zaira Alba, David Alonso, Natalia Díaz, Mencía Gegunde, e a Javier Corral, pola súa actuación e creatividade do traballo desenvolto.
luns, 30 de novembro de 2020
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO2020 NO IES DE BECERREÁ
O venres 25 de novembro, todo o alumnado e profesorafo do centro recordou ás 41 mulleres que faleceron asasinadas este ano, cunha marcha cargada de espírito deportivo e de loita pola causa
No que vai de ano 41 mulleres foron asasinadas en España polas súas parellas ou ex-parellas. Dende que comezaron a contarse no 2003 son xa 1.074 mulleres mortas pola violencia de xénero.
Estas mulleres non son só números. Detrás de cada número hai unha historia persoal, unha familia, un proxecto de vida truncado. Como o caso de Mónica Linde, de 28 anos, de Esplugues de Llobregat a primeira vítima deste ano, que levaba só uns meses no seu novo traballo de coordinadora para unha aeroliña. O seu Instagram está repleto de viaxes, sorrisos e fotos cos seus amigos e sobre todo fotos coa súa filla Ciara, de tres anos, que neste caso tamén foi asasinada polo seu pai. Estas mulleres asasinadas deixan familias detrás, tamén vítimas do machismo, 23 menores quedaron orfos este ano.
No IES de Becerreá quixemos homenaxear a estas 41 mulleres mortas no que vai de ano, facendo unha carreira polas vítimas, e a cada número puxémoslle nome e apelidos para que non se quede nunha cifra máis. Para lembrar que cada unha destas mortes é unha traxedia persoal e familiar de dor e de inxustiza.
A carreira tivo lugar dentro do cento, por parellas. Antes da saída, cada parella nomeaba a viva voz o nome, idade e lugar do falecemento de cada vítima, ademais os participantes portaban un dorsal cos datos da asasinada e a causa da morte. Con esta iniciativa queríamos visibilizar que a violencia non ten fronteiras: hai mulleres mortas por todas as comunidades de España, de todas as idades e de todas as condicións sociais. O director do centro nomeou en voz alta, a cada unha das falecidas antes de iniciar a marcha, para que quedara claro por que corríamos por cada unha delas.
Aínda que fomos camiñando, non foi unha carreira, xa que marchamos con espírito deportivo de loita e superación para combater e rexeitar calquera forma de violencia machista, no nome destas vítimas, para que non haxa máis.
Ao rematar, gardamos 1 minuto de silencio por estas 41 mulleres, epor todas as mulleres que sofren algún tipo de violencia de xénero. 1 minuto de silencio para dicir NON a violencia de xénero.
PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO
IMAXES DO ACTO
Natalia, Daniela Elba e Zaira lendo Manifesto.
Lectura do manifesto.
Fernando nomeando ás falecidas.
AFernada, Johana e Noe preparando as dorsais.
Iris pegando as dorsais.
mércores, 25 de novembro de 2020
NON SÓ MATA O VIRUS
BECERREÁ EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO
O IES de Becerreá manifesta o rexeitamento á violencia contra as mulleres compartindo con toda a comunidade educativa, e co Concello de Becerreá este vídeo realizado polo alumnado de 3º da ESO
PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO
Son varias as actividades desenvoltas no IES de Becerreá, para expresar o rexeitamento á violencia machista, entre elas o traballo do alumnado do EDL "FARTAS DE PRINCESAS", que se expón no vestíbulo do centro, e que trata sobre a violencia de xénero, e os estereotipos nos contos infantís. O alumnado de 3º da ESO realizou un vídeo no que se manifestan en contra da violencia ás mulleres e a prol da igualdade. Ademais o próximo venres 27, nas instalacións exteriores do centro, terá lugar unha carreira solidaria.
Exposición Violencia de Xénero 2020
"FARTAS DE PRINCESAS"
Bicos
non consentidos, cambios físicos para atraer ao home, unha vida enteira
dedicada a limpar... A maior parte de contos infantís e tradicións coinciden en
dúas cousas: un mundo de fantasía e personaxes femininos secundarios.
Os
contos infantís outorgan ás mulleres papeis secundarios, pasivos e
caracterizados pola súa beleza. Mentres, os homes son valentes, salvadores e
fortes.
A maioría de contos infantís teñen dúas características comúns: desenvólvense
nun mundo de fantasía e os personaxes femininos son figuras pasivas e
secundarias. Un dos exemplos máis claros pódese atopar en 'A Bela Durminte',
esa historia na que unha fada malvada enfeitiza á filla do rei e a condena a
tocar o uso dunha roca (coser é algo ao que ningunha muller se resistiría), e a
quedarse profundamente durmida ata que un príncipe lle dea un “bico de amor verdadeiro”,
curiosa expresión.
De
pequenas ensináronos que o «amor verdadeiro» é aquel no que unha parella se
quere e respecta un ao outro; non no que el che dá un bico sen o teu
consentimento e ¡sen cruzar unha palabra antes!, pero tamén aprendemos a non
ter que esperar a que ningún príncipe nos resolva a vida.
As
«malas» dos contos infantís adoitan perseguir un obxectivo: a beleza. Ese é o
motivo para facerlle a vida imposible á fermosa princesa.
Os
contos infantís teñen un gran compoñente machista nas súas historias, algo que
é fácil identificar se se presta atención aos roles que exercen as figuras
masculinas (os protagonistas que exercen a acción), e as femininas (seres
secundarios e pasivos). «Eles son os que triunfan superando todos os obstáculos
e elas son as rescatadas. Non son só escenas ou detalles, é a formulación
xeral».
Estas
historias en realidade reflicten a esencia da época na que se inventaron; con
todo, resistiron ao paso do tempo e chegaron ata os nosos días. Os nenos e
nenas len e ven estes contos nos que aparecen estereotipos de xénero que poden
dificultar que os máis pequenos se proxecten noutros modelos diferentes.
Pero
o machismo nos contos infantís non se atopa unicamente nas historias de
príncipes azuis. Grandes títulos como 'A ratiña presumida' reducen á figura
feminina a un simple e fermoso aparello de limpeza. Hai que recordar que a ratiña
estaba limpando, como de costume, e atopouse unha moeda coa que, por suposto, puidera
mercar un precioso lazo para ser a máis bela da cidade e conseguir marido. Tiña
tantos pretendentes que tivo que realizar algún descarte, finalmente casouse
cun gato que evidentemente intentou comela ,e ademais matala.
Haberá
quen escuse estas historias dicindo que se desenvolven nun mundo utópico no que
só importa o poder do amor. Afortunadamente na actualidade estes universos de
fantasía parecen estar cheos de estereotipos erróneos, e os pais e nais esixen
historias nas que as mulleres teñan relevancia e non se limiten a ser meros
suxeitos pasivos aos que salvar.
Os
“clichés” dos contos infantís non son negativos só para as nenas, senón que os
personaxes masculinos; proxectan roles que son imposibles: homes belos,
valentes, fortes... Por non falar da nula existencia de personaxes do colectivo
LGTBI . Non hai unha soa referencia á posibilidade de que a un home lle atraia
outro home ou que unha muller poida estar con outra.
Nas
películas de Frozen prodúcese un cambio de roles: as protagonistas son dúas
mulleres e hai un home sensible que ocupa un segundo plano. Aínda así, Ana e
Elsa continúan tendo un aspecto físico estereotipado.
Empatizamos
máis con aqueles/as que máis se parecen a nós. Se as mulleres non temos
exemplos de mulleres valentes, protagonistas e independentes non poderemos
valorarnos na nosa xusta medida. Do mesma xeito que os homes, si non teñen referentes
como coidadores, sensibles e colaboradores en lugar de competidores».
Con
todo, todos estes contos forman parte da nosa infancia, crecemos con eles e,
aparentemente, non saímos tan mal. «O máis importante é ter coñecemento de
perspectiva de xénero si non é imposible velo. Unha vez que adquires ese
coñecemento podes identificar a desigualdade normalizada.
venres, 20 de novembro de 2020
Só a ciencia nos
rescatará da pandemia
Sonia Villapol Salgado, neurocientífica e profesora no departamento de Neurocirurxía do Centro de Neurorexeneración do Instituto de Investigación Metodista en Houston, TX, impartiu unha conferencia telemática para o IES de Becerreá o pasado 16 de novembro
Sonia Villapol Salgado, forma parte do Equipo de Investigación Internacional da COVID-19.
Naceu en Bretoña (Lugo). Estudou BUP no instituto de Meira Licenciada en Bioloxía Molecular pola Universidade de Santiago de Compostela (2003), é Doutora en Neurociencias pola Universidade Autónoma de Barcelona (2007). Traballou coma investigadora postdoutoral en laboratorios do Centro Nacional de investigación científica (CNRS) da Universidade Pierre e Marie Curie VI e no Instituto Nacional de sanidade e investigación médica (INSERM) do Hospital Robert Debré, en París (Francia). No ano 2010 trasladouse un EEUU, traballou nos Institutos Nacionais de Saúde (NIH) e no Centro de Neurociencias e Medicina Rexenerativa, en Maryland (EEUU). Foi profesora de Neurociencias na Universidade de Georgetown en Washington DC (EEUU).
A súa investigación científica céntrase no estudo de danos cerebrais, tanto infartos cerebrais, coma traumatismos craneoencefálicos, experimentando distintos tratamentos e explorando os mecanismos de resposta a múltiples procesos relacionados coa morte das neuronas.
Destacamos especialmente, a súa capacidade para compartir o seu saber, pois participa en numerosas actividades de divulgación científica no ámbito educativo e cultural.
O alumnado de ciencias de 4ª da ESO e 1º de Bachalerato do centro tivo a oportunidade de asistir a esta charla telemática, que resultou do máis interesante tanto para o alumnado coma o profesorado.
Alumnado asistente á conferencia.
Todos os anos, no IES de Becerreá os Departamentos de Ciencias dedican varias xornadas para conmemorar o Día da ciencia en Galego, con diferentes actividades e actos para reinvindicar o uso galego, por iso, ademais da charla de Sonia Villapol Salgado, o día 19 de novembro, dentro das
actividades da semana da Ciencia en Galego o alumnado de 3º e 4º de ESO, e os de
1º BAC asistiron á videoconferencia titulada “Vídeoprodución na
educación. Proxecto XeoClip. Primeiros pasos para ser youtubeiro científico” a
cargo de profesor Xacobo de Toro Cacharrón, onde nos contou como é o proceso
creativo da videoprodución dun vídeo científico. Xacobo desglosounos os
distintos pasos que debemos seguir á hora de crear un vídeo dende a fase
creativa, elección da temática do vídeo e elaboración do guión, pasando pola
fase de realización e por último a fase de montaxe e lanzamento do vídeo.Así mesmo, mostrounos numerosas ferramentas
dixitais ao noso alcance que podemos utilizar para a realización de vídeos.
Xacobo é profesor no ensino secundario de bioloxía
e xeoloxía no IES Agra de Leborís, ademais de doutor pola Universidade da
Coruña cunha tese sobre o uso do e-learning na ensinanza secundaria. No 2018
foi premiado como o quinto mellor profesor de Secundaria de España e Miac
(Mestres Innovadores, Alumnos Competentes) outorgoulle un premio pola súa
maneira diferente de impartir as súas clases de ciencias.
Este docente comprometido cas novas tecnoloxías
dispón dunha canle en Youtube e lidera o proxecto audiovisual Xeoclip contribuíndo
así á divulgación científica en galego na área de xeoloxía e bioloxía. Este
proxecto conta con varias ferramentas multimedia nas que destacan os vídeos
curtos en formato de lección, onde nos acercan os contidos dunha maneira amena
e distendida contextualizados en Galicia e polo tanto nun entorno próximo ao
noso alumnado.
SE QUERES VER A INFORMACIÓN DE XACOBO DE SOBRE A FORMACIÓN DE PLIEGUES, PREME NO SEGINTE VÍDEO
O Día da Ciencia en Galego celebrou a súa primeira edición en 2010, promovido por sindicatos e asociacións de profesorado de ensino medio, como parte da contestación ao Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia que obrigaba a impartir nas clases de Matemáticas, Tecnoloxías e Física e química en castelán. Así, no encontro "Sumemos en galego" celebrado en xuño de 2010 en Compostela, no que participou profesorado destas materias convocados pola CIG-Ensino e a Plataforma Queremos Galego, tomouse, entre outros, o acordo de promover "unha semana da ciencia galega e un día da ciencia galega".
mércores, 18 de novembro de 2020
Visita á paisaxe mediterránea de Cruzul: entre calizas e aciñeiras
O 18 de novembro saímos do instituto o alumnado de 2º e 3º de ESO – acompañados por Ignacio, Antía, Luz e Fernanda- con destino Cruzul, para visitar un bosque de aciñeiras único nas nosas latitudes, que se debe, en parte, ao solo calizo e, en parte, á orientación sur da ladeira e ao cambio climático.
Dende o instituto ata a aldea de Cruzul percorremos tres quilómetros: atravesamos o centro de Becerreá ata o Mercado Gandeiro, e alí deixamos a estrada de Quiroga tomando o desvío á dereita ata a rúa Triacastela -na zona dos chalés do Rivera-; ao rematar o pavimento collemos un fermoso sendeiro que se coñece como Camiño das Cerradas no que puidemos ver as primeiras mostras de calizas e aciñeiras.
Xa en Cruzul fomos polo Camiño de San Martín ata a capela e voltamos sobre as nosas pegadas para dirixirnos ao noso destino final: O Aciñeiral e a Ponte de Carlos III.
Sobre a Ponte de Cruzul Ignacio explicounos a súa historia que se remonta ao reinado de Carlos III cando modernizou as infraestruturas de España creando os camiños reais, base das 6 estradas nacionais de estrutura radial. Precisamente a Nacional VI Madrid- A Coruña foi o xerme da nosa vila, ata entón unha parroquia menor dentro da Comarca.
Tamén aprendemos que o aciñeiral é raro nunha latitude tan septentrional como a nosa. A pesar de que o microclima de Cruzul fai posible a aciñeiras (árbore característica do clima mediterráneo), non se terían dado sen a presenza de solo calizo, parte da veta chamada Caliza de Vegadeo que atravesa o noso Concello de Norte a Sur.
Despois de tomar a parva neste lugar tan especial, saímos cara o instituto seguindo a Vía Künnig pasando pola Venta de Cruzul, a gasolineira, Os Chafarotes, o Bar Correos, a Fonte dos Caños e Castelo. Entre os paseos por Cruzul e o camiño de volta completamos 10.5 quilómetros cunha metereoloxía de sol e calor impropia do mes de novembro, que xa anda ben entrado, nas vésperas da feira do 19.
PREME PARA VER O VÍDEO DA ACTIVIDADE
SAMAÍN 2020
Exposición Samaín 2020.
Coma é tradición, O Samaín é a primeira actividade de cada novo curso no
IES de Becerreá. Este ano a exposición no vestíbulo recollía tradicións sobre a morte e o Día de Defuntos na comarca
dos Ancares. Para poder ver mellor todo o documentado nela, o alumnado e profesorafo do centro realizou este vídeo, onde podes disfrutar virtualmente do traballo realizado.
Ademáis temos que anunciar a estrea en breve dunha curta de terror que está en proceso de edición, e que poderedes desfrutar en breve.
mércores, 14 de outubro de 2020
Día da muller rural 2020
O Día Internacional das Mulleres Rurais, ten
como obxectivo o recoñecemento ao papel decisivo das mulleres no
desenvolvemento, a seguridade alimentaria e a erradicación da pobreza.
Esta data estableceuse no 2007 por Nacións Unidas, e dende
o IES de Becerreá parécenos fundamental
por en valor a importancia do traballo, aportacións económicas, sociais e
culturais, que desenvolven as mulleres en áreas rurais de Galicia. Dar voz e apoio a proxectos de promoción da
Igualdade, fomentan o empoderamento feminino, o desenvolvemento profesional e o
liderado das mulleres, dignificando o seu papel no ámbito rural.
O
noso gran de area, e facer unha homenaxe a todas as mulleres labregas
neste día, presentándovos o vídeo
“Armesto”, realizado Ainhoa Castro Fernández, alumna do centro e membro do Equipo de Dinamización Lingüística, e pola exalumna Andrea Valle, autora dos poemas recitados no vídeo; “Galiza “ e Gandeiriñas”,
Velaí o vídeo e parabéns para Ainhoa e Andrea polo seu traballo.
PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO
mércores, 24 de xuño de 2020
Fernando Cerecedo, Director do IES de Becerreá, presenta a "A REBOLA 2020"
A revista do IES de Becerreá cumpre 25 anos, desde a súa primeira edición. A pesar da crise polo COVID 19, publicouse e entregouse a alumnado e profesorado do centro.
Fernando Cerecedo, Director do IES de Becerreá.
Despedímonos agora dun curso que nos quedará gravado na memoria con letras fondas de máis. Se a vida transcorrese con normalidade desde o día 13 de marzo, todos e todas teriamos estado no centro durante o terceiro trimestre, convivindo, desenvolvendo proxectos comúns, realizando as tarefas académicas cotiás, Se a realidade coñecida ata daquela fose a norma, non perderíamos un 17 de maio celebrado desde o instituto, teríamos entregado un novo premio pola defensa da cultura e lingua galegas na comarca dos Ancares, realizaríanse actividades complementarias con alumnado doutros centros veciños, ... Se todo fose como era, non nos terían roubado o mes de abril. Nin maio, nin xuño.
Por iso agora, máis ca en ningunha outra ocasión, agradecemos encarecidamente o esforzo do Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro por resistirse a perder a nova edición da Rebola que agora temos nas mans e darnos, con isto, unha saudable e emotiva referencia de normalidade en tempos estraños e incertos. Esta Rebola 19-20 xa é histórica. Sería perfectamente comprensible que tamén con ela tivésemos que establecer unha paréntese na súa liña do tempo, como con tantas outras cuestións neste momento, pero o empeño de moitos e moitas dentro da nosa comunidade educativa permítenos manter aberta esta xanela, desde a que nos podemos asomar e desde a que nos poden ver.
Virán mellores primaveras e A Rebola, coma sempre, chegará con elas!
Saúdos, saúde e sentidiño.
mércores, 20 de maio de 2020
Aínda que o Día das Letras Galegas se celebrará o próximo 31 de outubro, no IES de Becerreá tiñamos que facer a nosa pequena homenaxe a Calero.
Achégate á vida e obra de Calero, nesta exposición virtual, que se atopa na canle de youtube do EDL do IES de Becerreá.
PREME NA IMAXE VISUALIZAR A EXPOSICIÓN
PREME AQUÍ PARA ESCOITAR ESTA VERSIÓN DO POEMA DEUS
xoves, 9 de abril de 2020
No IES de Becerreá lembramos a Rosalía de Castro dende o confimamento
No Instituto de Becerreá deidimos que non
iamos parar aínda quedando na casa, e dixemos como Rosalía: “Adiante compañeiros,
toda a terra é nosa”.
Alumnado e profesorado do IES de Becerreá fixeron conxunto, cadaquén
dende o seu agocho, para recitar a obra de Rosalía e xurdiu esta lectura colectiva do poema “Por que, miña
almiña?”de Follas Novas materializada neste vídeo.
Por que aínda que nós quedamos na casa,
seguimos adiante lendo a Rosalía.
PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO
AGRADECER A TOD@S OS PARTICIPANTES, E PARABÉNS POLO TRABALLO
mércores, 1 de abril de 2020
Ainhoa Fernández Castro, alumna de 4º da ESO do IES de Becerreá, amósanos a importancia do rural, e o amor que ela sente por Galiza
Ainhoa Fernández Castro.
Debido á crise do COVID-19 Ainhoa pensou no afortunados que somos no rural, e no importante de poñer en valor todo o que temos, vivindo na montaña. Ainhoa quixo expresar abertamente o seu sentemento de amor á terra, e a todas as costumes e forma sinxela de vivir da xente da montaña.
Realizou un vídeo con dous poemas da exalumna Andrea Valle, titulados "Gandeiriñas" e "Galiza", que son tamén unha homenaxe a todas as mulleres que traballan no campo e nas granxas.
Para que valoremos o que temos, e en homenaxe ás mulleres do campo disfrutade deste fermoso traballo.
PREME PARA VER O VÍDEO
mércores, 11 de marzo de 2020
BENEDICTA SÁNCHEZ VISITA O IES DE BECERREÁ CO GAIO DO DÍA DA MULLER
Benedicta Sánchez na celebración do acto do Día da muller no IES de Becerreá.
Benedicta relatou a súa experiencia como muller, deixando claro, que sempre fixo o que quixo, a pesar das dificultades coas que se atopou na vida.
Alba, Tamara, Ainhoa, Benedicta, Zaira e Elba entrevistando á protagonista.
O día 10 de marzo, a gañadora do Golla, acudeu ao centro co gaio do Día da muller, para contar a súa experiencia de vida. Benedicta é unha transgresora, sencilla, amante da natureza, loitadora, chea de soños, que cautivou ao alumnado coa súa autenticidade, sencillez de docura.
O acto comenzou coa lectura dun manifesto por Elba e Zaira, alumnas de 2ª da ESO, que ademáis deron unha breve explicaron de como cambiou a situación da muller dende a metade do século XX. Seguidamente deron a benvida a Benedicta, que foi entrevistada ante toda a comunidade educativa por Tamara, Alba, Ainhoa, Elba e Zaira. Cando rematou o acto, todo alumnado e profesorado puideron fotografiarse e conversar con Benedicta.
Damos as grazas de todo corazón a Benedicta por ser tan entrañable, e facernos chegar tan de cerca as súas vivencias, que sen dúbida son un exemplo de loita pola igualdade e os dereitos das mulleres.
O alumnado de 4ª da ESO máis o pertencente ao EDL do centro organizaron o Entroido 2020
Exposición Entroido elaborada por Ainhoa, Alba, Elba e Zaira, membros do EDL do IES de Becerreá.
Como cada ano por estas datas, celebramos o Entroido con diversas actividades nas que todo o centro participa. Os encargados de organizar este venres de entroido foron tanto o alumnado de 4ª da ESO coma o alumnado do EDL do instituto, que fixeron un escelente traballo.
Para comenzar as actividades realizouse unha pequena exposición, na que se recollía a gastronomía de entroido, tan típica desta época do ano, despois das matanzas, cando o cocho está no seu punto xusto, aproveitamos para facer o cocido nas casas do noso alumnado que elaborou esta exposición con fotos e receitas propias. Ademáis a exposición tamén amosa os marabillosos doces de entroido, coas súas receitas, e reportaxe gráfico. Parabéns a Elba, Zaira, Ainhoa e Alba polas súas receitas e elaboración desta gastronomía de entroido, que se encarga de reunir a familias, amigos, veciños, etc.
Presentador, Arturo.
Presentadoras, Alba e Ainhoa.
O venres 21 tivo lugar o concurso de comparsas, nas que todos os cursos participaron, incluso o profesorado, que quixo concienciar co seu disfraz, do destrutivo que está a resultar a contaminación polo plástico nos océanos e nos seres vivos. As comparsas foron do máis animado destacando os premiados, que foron o alumnado de 1º de Bac con "First dates", "Polis e cacos" de 3º da ESO, "Tucha e Mucha" interpretadas por Fernanda e Mónica, e Jorge Rosón con Bad Gyal.
Parabéns para todos e todas, e para todos os participantes.
Xurado do concurso de comparsas., Borja, Zaira, Elba, Martín e Hector.
Para rematar a festa queimamos no patio do centro o tradicional Espantallo, que este ano personificaba a desigualdade, a xenofobia, a corrupción, o machismo, etc.
Procesión do Espantallo.
Espantallo.
Queima do Espantallo.
ESTE É O VÍDEO DOS ACTOS DESCRITOS
martes, 4 de febreiro de 2020
O DEPARTAMENTO DE LÍNGUA GALEGA ORGANIZOU UN CERTAME LITERARIO CO GAIO DO DÍA DA PAZ
"CANTIGAS PARA A PAZ MEU AMIGO"
O alumnado de 3ª da ESO e 1ª de Bac participou neste marabilloso certame inspirado na lírica galaico portuguesa de finais do século XII
Exposición das "Cantigas para a paz meu amigo "
O Departamento de Lingua Galega inspirado pola lírica trovadoresca medieval, na que a nosa lingua viveu unha etapa de esplendor, tivo a iniciativa de celebrar o Día da Paz con este certame literario, no que o alumnado tiña que escribir cantigas. Aínda que a temática non foi o lamento pola ausencia do amado, a alegría polo reencontro, ou a paixón, senon a PAZ . As cantigas compostas polo alumnado seguían tanto os recursos formais das mesmas, tales coma o paralelismo, leixapreén ou o refrán, ademáis das variedades temáticas propias das cantigas e a introducción de temáticas novas, creadas polo alumnado.
O resultado en conxunto foi escelente, xa que se creou un libro 41 cantigas organizadas alfabeticamente en dous bloques. Este traballo atópase exposto no vestíbulo do centro para que todo o mundo se poda achegar a disfrutalo.
A celebración do día da paz comenzou con música, xa que se reproduciron dúas das sete Cantigas do Pergamiño Vindel de Martín Códax, a continuación os premiados neste orixinal concurso, recitaron as súas composicións no vestíbulo do centro para conmemorar o Día da Paz, ao acto acudiu toda a comunidade educativa, maila o xurado formado por profesorado e a Orientadora do centro.
Os premiados de 3ª da ESO foron Natalia Díaz, Aarón Álvarez e Diego Rodríguez, mentres que os gañadores de 1ª de Bac foron José Antonio Fernández Lexo, Marcela Miñambres e Gonzalo García.
As presentadoras do acto foron duas alumnas de 2ª da ESO pertencentes ao Equipo de Dinamización Lingüística do centro, Zaira Alba e Daniela Novo, que xunto con Elba Cordero montaron a exposición.
Nas imaxes de arriba de esquerda a dereita podemos ver recitando aos ganadores de 3º da ESO , Natalia, Aarón, e Diego. Abaixo de esquerda a dereita, os campeones de 1ª de Bac Marcela, Jose Lexo e Gonzalo.
Daniela e Zaira as presentadoras do acto.
Ana , Félix e Mónica o xurado do Concurso.
Se queres ver ou descargar as cantigas compostas polo alumnado preme en:
Como xa é tradición, o alumnado de 1º de Bac visitou a Fundación TIC e realizaron unha nova edición do famoso "Ticodiario". Aquí queda o vídeo no que se recollen as ditintas seccións do mesmo e todas as intervencións do noso alumnado, incluíndo a sempre imprescindible, e neste caso divertida, información meteorolóxica.