martes, 12 de febreiro de 2019


O Filólogo Francisco Dubert, visitou o IES de Becerreá para dar unha conferencia sobre as "Linguas en contacto"



Francisco Dubert.

Francisco Dubert García é profesor titular do Departamento de Filología Galega da Universidade de Santiago Compostela dende o ano 2000 entrou como becario no ILG no ano 1989 para colaborar na edición do Atlas Lingüístico Galego (Alga). A súa  vinculación ao Alga supuxo que empezase a interesarse polo estudo da variación lingüística en xeral e da dialectoloxía do galego en particular. Doctorouse en 1998 cunha tese sobre o galego falado no concello de Santiago. Traballa tamén na descrición da fonoloxía e da morfoloxía flexiva da lingua galega, tanto dende a perspectiva sincrónica como da diacrónica, pero tomando sempre como referencia os fenómenos de variación dialectal.




Francisco Dubert presentando "Linguas en Contacto" no Salón de actos do IES de Becerreá.

Segundo Francisco Dubert,  na escola ensináronnos a identificar unidade política europea con idioma nacional (“para España o español, para Italia o italiano, para Francia o francés, etc.”), o multilingüismo segue a ser unha realidade pouco explorada, considerado como un problema que precisa solución en lugar dunha riqueza da que gabarse. Pero o monolingüismo non é a realidade normal, nin sequera é unha realidade desexable,inevitable ou suficiente. Fóra dese reducionismo escolar, na maioría das rexións do mundo os individuos desenvolven as súas vidas mediante o uso de varias linguas. Estados aparentemente monolingües como Australia ou Estados Unidos son na práctica plurilingües na oralidade: Crese que existen máis de 250 linguas aboríxenes de Australia no momento do primeiro contacto europeo, das cales menos de 20 seguen sendo de uso diario para todos os grupos de idade.

As contas saen de xeito ben doado: temos unhas seis mil linguas e uns douscentos cincuenta estados ou territorios independentes; xa que logo, as linguas están en contacto, teñen que solaparse, compartir territorios e mesmo instalarse á vez nas mentes dos individuos. E o reparto non é equitativo e resiste a calquera análise simplificadora. De entrada hai linguas que gozan de excelente estado de saúde. (...) No outro extremo, a maior parte das linguas da humanidade subsisten en precario: sen posibilidade de acceder aos grandes modelos de prestixio simbólico, sen presenza efectiva nos medios de comunicación, na ciencia ou na arte, as máis das veces mesmo sen existencia por escrito. 

Esta situación dá pé a que haxa numerosas interferencias entre as linguas en contacto. Xa que logo é frecuente usar en castelán galeguismos como lo que, no doy hecho, e esmagar ou en galego colocar mal o pronome ou usar tempos compostos. 




luns, 11 de febreiro de 2019


Cartel da  exposición relizado polo alumno Diego Méndez Gerbolés.

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA “ANTANO E HOXE, A VIAXE DE WALTER EBELING"











O alumnado de 3º da ESO presentou a exposición de fotos titulada “O que somos o que fomos: A viaxe de Ebelyng”. 
Esta é a segunda edición desta exposición. O pasado ano co motivo do Día da Ciencia en Galego o alumnado de 1º de BAC participou no concurso Novacarta, que consistía en realizar fotografías xeolocalizadas para subilas nun mapa adicado a Domingo Fontán. O éxito que tivo os seu traballo fotográfrico, onde compararon a mesma foto antiga ca mesma foto actual, conduciu a realizar unha exposición fotográfica, que foi unha homenaxe á Vila de Becerrea. Aquelas fotos antigas procedían do arquivo do Concello, conseguidas de coleccións particulares de distintas familias. Este ano presentámosvos unha nova edición titulada; "A viaxe de Ebeling".
Ebeling, etnógrafo alemán, que veu facer fotos de Galicia entre os anos 1928 – 1933 sacou imaxes espontáneas de toda a montaña de lucense. Galicia era xa daquela un país onde se conservaban os costumes e a forma de vida propia, os alemáns valoraban esta riqueza e quixeron conservala a traves destas fotografías. Coa segunda guerra mundial levaron os arquivos a Buenos Aires para protexelos, foron atopados recientemente. A Deputación de Lugo publicou un libro cunha selección destas fotos titulada “A Terra e os homes”.
Esperamos seguir facendo esta exposición en anos vindeiros para coñecer mellor o que fomos e valorar o que somos.


                                                        PREME AQUÍ PARA VER AS FOTOS


Exposición no vestíbulo do centro do IES de Becerreá.


Alumnado responsable do traballo fotográfico e de presentación.

Invitámosvos a tod@s a visitar a nosa exposición, no IES de Becerreá.



ALUMNADO DO IES DE BECERREÁ VISITA NO CORGO OS RESTOS DE VÍA XIX


Javier Gómez xunto con profesorado e alumnado do IES de Becerreá.
Conferenciante explicando a Vía Romana XIX.
      
Fito integrado nun muro tradicional.
O alumnado de 3º de ESO, que está a participar no Proxecto Vía Romana XIX do IES de Becereá, desprazouse ao Corgo para visitar sobre o terreo restos da vía romana XIX. No Corgo foron recibidos polo historiador Javier Gómez, profesor do IES Ollos Grandes de Lugo, e Doctor en Historia e Arqueoloxía pola USC, que logo dunha pequena explicación teórica no Centro Cultural, os guiou ata os restos da calzada romana, descubertos grazas as ivestigacións do Proxecto Vía Künig, da que Javier forma parte, e que actualmente os pon en valor.
O proxecto Vía Romana XIX do IES de Beceereá, que se está a desenvolver no centro, ten como obxectivo poñer en valor o noso patrimonio cultural e natural da comarca, e achegar ao alumnado as riquezas do seu entorno a través da metodoloxía de traballo por proxectos, tendo como eixo vertebrador a calzada romana, ao seu percorrido polos concellos dos Ancares.



Participantes facendo a ruta pola que descorre a Vía Romana XIX, ao seu paso polo Corgo.

martes, 5 de febreiro de 2019


CELEBRAMOS A FESTIVIDADE DAS CANDELAS NO IES DE BECERREÁ

Exposición de pictogramas de refráns das Candelas


Alumnado da ESO do centro fixo un excelente traballo para amosarnos a orixe e evolución desta festividade da Vila de Becerreá. Ademais de facer unha análise do refraneiro referente a esta data, destacar a interpretación dun conto escrito pola alumna Antía Álvarez García titulado “Martiño”. 

A patrona da Vila de Becerreá deixou de celebrarse durante anos, a Asociación as Candelas recuperou esta festividade, tal e coma se celebraba antano, coa súa colaboración demos a coñecer ao alumnado a recuperación da Patrona da Vila. Para rematar o acto repartíronse candelas máxicas para todo o alumnado e profesorado do centro. 



                                                          PREME AQUÍ PARA VER AS FOTOS


Ainoa 3º ESO.
Jose Lexo 4º ESO.

Alejo 1º da ESO.
Andrés 1º ESO.