IES de Becerreá a prol da IGUALDADE
"Se as mulleres paramos para o mundo" foi o lema que seguimos dende o EDL do centro para reivindicar a igualdade
Os actos conmemorativos comenzaron o pasado xoves día 8 de marzo cando profesoras e alumnas secundaron o paro convocado para o día 8 de marzo, concentráronse á entrada do centro por unha causa común .
Exposición alumnado Lingua Galega e Biblioteca |
O Dertamento de Lingua Galega, o EDL do IES do centro, o Equipo da Biblioteca e o Departamento de música, traballaron coordinados para o acto de celebración do Día da Muller, o venres 9, no que se expuxeron as actividades realizadas para fomentar a igualdade entre xéneros.
As alumnas de Afondameto de Lingua Galega, Celia Pardo, Esther López e Paula Álvarez, de 1º de BAC, presentaron o acto, e realizaron un traballo de análise de cancións de marcada mensaxe feminista que elas mesmas traduciron ao galego, e que resultou moi interesante. Dende o Equipo da Biblioteca traballouse co alumnado de 1º da ESO que aportou imaxes daquelas mulleres (anónimas) ás que máis admiran (xustificando a súa elección nun breve texto que leron máis tarde). O Departamento de Música clausurou o acto ca interpretación musical de todas as alumnas, persoal non docente e profesoras, que fixeron valer a súa voz para expresar e reivindicar a igualdade. Foi un acto emotivo no que todas; alumnas e profesoras participamos, e do que toda a comunidade educativa quixo formar parte, para sumarse a esta causa.
Aquí podes ver as fotos e debaixo, o vídeo.
Aquí podes ver as fotos e debaixo, o vídeo.
VIDEO DO ACTO