mércores, 28 de novembro de 2018

O IES DE BECERREÁ EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA

Foron moitas as actividades realizadas dentro e fóra do centro para sensibilizar e denunciar a violencia de xénero, todo o alumnado e profesorado do IES de Becerreá implicouse na loita contra a violencia machista


Decoración do vestíbulo realizada  polo profesor de Plástica Lolo Garrido e o alumnado de 1º da ESO.


Os actos comenzaron o pasado 23 de novembro cando o alumnado de 1º de BAC e 1º da ESO, acudiu á Casa da Cultura do Concello de Becerreá, para proceder á lectura do Manifesto, e realizar un pequeno Recital a cargo destes mesmos alumn@s, O Tenente de Alcalde Claudio Vázquez e Noemí López Corredoira, encargada dos Servicios Sociais do Concello conduciron o acto, no que tamén participaron alumnado do CEIP de Becerreá e o grupo musical " Son de Cores". 

O luns 26 de novembro comenzaron os actos no centro, na hora de lecer da mañá tivo lugar un Concerto a cargo do alumnado de Música de 1º de BAC e 1º da ESO, esta actuación estivo apoiada por lingua de signos en galego, interpretada polo alumnado de 2º da ESO.


Actuación alumnado 2º ESO.
Actuación alumnado de 1º de BAC.

Actuación alumnas 1º ESO.

A Marcha Solidaria non competitiva, foi a derradeira actividade deste día, organizada polo Departamento de Educación Física e coa colaboración do Concello de Becerreá, ao remate do percorrido, e chegada á Casa do Concello de Becerreá, Samara, Alumna de 1º de BAC, en compañía do Alcalde da vila, e do Teniente de Alcale, e todos nós, leu un texto e gardamos un minuto de silencio. Xa de volta ao centro penduramos todos os dorsais da Marcha Solidaria no corredor de entrada do centro.

Dende o IES de Becerreá queremos reiterar o noso compromiso para loitar pola erradicación das violencias contra as mulleres, amosando, ademais, o noso firme rexeitamento de quen as exerce e da complicidade de quen as silencia. 


Lectura do texto coas Autoridades do Concello
Fernanda e Fernando explicando a Marcha

         











Pendurado de dorsais
Participantes da Marcha Solidaria
Estes son os VÍDEOS dos actos desenvoltos, tanto no noso centro (o primeiro), como na Casa da Cultura do Concello de Becerreá (o segundo).

                                                   

domingo, 25 de novembro de 2018

O IES DE BECERREÁ CELEBRA O DÍA DA CIENCIA EN GALEGO 

Os departamentos de Física e Química, Tecnoloxía, Matemáticas e Música realizaron obradoiros didácticos para celebrar o Día da Ciencia na nosa lingua

Exposición de Arquímedes e do Pórtico da Gloria.

A actividade práctica e lúdica fixo as ledicias do noso alumnado. Durante os períodos de lecer, no vestíbulo do centro, realizáronse obradoiros prácticos durante tres días. As actividades estiveron apoiadas por unha exposición, onde se reflictían os contidos traballados.

Para a ocasión o Departamento de Física e Química construíu un Ludión ou Demo de Descartes, que consiste nun dispositivo ideado por Descartes, co que se experimentan dous dos Principios fundamentais da hidrostática: o Principio de Pascal, e o Principio de Arquímedes, ademais  recrearon un dos experimentos de Arquímedes consistente nun sistema de poleas.

O Departamento de Tecnoloxía foi o encargado da contrución dun Parafuso de Arquímedes, que é unha máquina gravimétrica helicoidal utilizada para a elevación de auga, fariña, cereais ou material escavado. Foi inventado no século III a. C. por Arquímedes, do que recibe o seu nome, aínda que existen hipóteses de que xa era utilizado no Antigo Exipto.
Parafuso construido en Tecnoloxía
Ludións realizados polo profesorado.

O alumnado de 1º da ESO de Música realizou unha exposición sobre "Os 24 Anciáns Sabios do Pórtico da Gloria", que rematou cun animado kahoot no que participou todo o centro.

Gabriel, Alejo e Sito de 1º da ESO, facendo a exposición.
Para rematar o Departamento de Matemáticas, axudounos a descubrir o número Pi de forma práctica.

Obradoiro do Número Pi.











PREME AQUÍ para ver máis fotos das actividades desenvoltas e AQUÍ para ver o vídeo explicativo do Ludión (principio de Arquímides).

NOVA EDICIÓN DO TICODIARIO DO ALUMNADO DE 1º DE BAC DO IES  DE BECERREÁ

Xa cumprimos a sétima edición deste TICODIARIO, emitido e elaborado polo alumnado de 1º de BAC, o pasado 16 de novembro, durante a súa visita á Fundación TIC

Alumnado de 1º de BAC  cos seus Profes
Álvaro e Juanca, profes do IES de Becerreá na Fundación TIC


                             TICODIARIO 2018 IES DE BECERREÁ

venres, 16 de novembro de 2018

MAGOSTO 2018

O  pasado 15 de novembro celebramos pola tarde, o tradicional Magosto organizado polo alumnado de 4º da ESO



Alumnado de 4º da eso organizador do Magosto 2018


A tarde comenzou cargada de diversión, xogos populares, Karaoke, concurso de chistes, doces elaborados polo alumnado de 1º de BAC e 4º da ESO, e por suposto coma non podían faltar, castañas asadas. 
Parabéns a tod@s os organizadores e participantes.






Algúns alumnos e profes comenzando a festa.
Andrei e Jorge.
Alumnos de 4º con Ramón.
Vero e Iris.

Roberto.


Profe DJ.



PREME AQUÍ PARA VER AS TODAS FOTOS





domingo, 4 de novembro de 2018

SAMAÍN 2018


O 31 de outubro tivo lugar unha lúdica celebración do Samaín conducida polo  alumnado de 4º e 1º da ESO, na que a cultura e a diversión foron protagonistas  

Alumnado e profesorado participante no Túnel do Terror

Foron moitas as actividades e a colaboración de toda a comunidade educativa no Samaín 2018



O alumnado de 4º da ESO foi o encargado da   decoración do vestíbulo do centro. Nesta   actividade colaboraron o departamento de     Tecnoloxía, Plástica, Orientación, e a Titoría de 4º da ESO. O alumnado de Tenoloxía  elaborou unha terrorífica noiva defunta con sensores, que resultou unha atracción para todos. 

 Decoración  Samaín 2018


Durante 10 días o alumnado, e mesmo o profesorado do centro acudiron a un obradoiro de maquillaxe que organizaron o Departamento de Plástica e o Equipo de Dinamización Lingüística nas horas de lecer. Este obradoiro materializouse o 31 de outubro, cando os asistentes ao curso de maquillaxe de terror puxeron en práctica as  habilidades adquiridas, caracterizando a todo o alumnado e a algún pobre profesor do centro.

A titora de 1º da ESO e o alumnado deste curso, realizaron unha presentación do Samaín no que se reflicte a súa orixe e evolución a través do tempo. Ademais o alumnado de 1º da ESO presentou uns relatos de terror que realizaron en Lingua Galega. O Departamento de Lingua Extranxeira tamén se sumou  deleitándonos cuns Poemas Góticos, en inglés, que recitaron as alumnas de 4º da ESO, para todo o Instituto.



PREME PARA VER O VÍDEO
Vídeo  actividades 2018 Corredor do terror

                                        
Pero non remataron aquí as actividades, xa que o alumnado de 4º da ESO organizou un Corredor do Terror na planta baixa do edificio novo do centro, que se decorou e que resultou do máis divertido e terrorífico. Os actores deste corredor foron os propios alumnos de 4º da ESO e profesores caracterizados de diferentes personaxes de terror. A decoración incluía efectos especiais de son, luz , fume, que ambientaron o centro coma se dunha terrorífica película se tratase.


PARABÉNS a todos os participantes e colaboradores desta actividade, que fixeron deste día un Samaín moi especial.