BLOG DO Equipo de Dinamización Lingüística do IES DE BECERREÁ "A REBOLA"
xoves, 19 de decembro de 2013
O APALPADOR
http://youtu.be/hZMpYnt7AXk
Enlace de interese nestas datas, un valioso documental sobre O Apalpador.
martes, 17 de decembro de 2013
CONCURSO INTERNACIONAL DE ESCRITORES LUSÓFONOS INFANTO-JUVENIS "LA ATREVIDA"
http://laatrevidaconcurso.blogspot.com.es/
Atención ao concurso internacinal de escitores lusófonos "La atrevida". Deixamovos enlace coma sempre para vosa información. Lembrade que vai dirixido a escitores de entre 8-14 años.
Atención ao concurso internacinal de escitores lusófonos "La atrevida". Deixamovos enlace coma sempre para vosa información. Lembrade que vai dirixido a escitores de entre 8-14 años.
luns, 16 de decembro de 2013
25 ANIVERSARIO DA PIPA DE BECERREÁ.
Deixámosvos un enlace de interés cultural para toda a comarca. Visitade a páxina da pipa para saber máis.http://www.apipadebecerrea.com/
martes, 10 de decembro de 2013
LENDA DE SAA
Érase unha vez u
rapaz moi presumido que sempre andaba detrás das rapazas guapas.
Un día, levou o
gandoao monte de Saa,alé apareceulle unha rapariga moi fermosa ela facíalle
sinais para que a seguise, el. sen dudalo botou a correr detrás da rapaza.
Correu e correu ata chegar a un pozo moi fondo, a rapaza tirouse, e berroulle
para que el se tirase, e alí foi, o rapaz morreu alí afogado, e a rapaza que
non era tal quitou o seu disfraz e resultou que era un trasgo
A TORRE DE DONCOS
María Fiallega publica a súa lenda "A TORRE DE DONCOS"
A torre de
Doncos tamén é coñecida como Castelo da
Anca . Pola lenda seguinte :
Durante a
Reconquista , un dos 13 cabaleiros que estaban para defender os peregrinos que ían
a Santiago de Compostela , viu
como unha parella de cristiáns era atacada por un grupo de sarracenos e como un
deles tomaba prisioneira á muller , e con ela montada na anca do seu cabalo
tentou fuxir .
Pero cando o
sarraceno xa ía ser atrapado polos cabaleiros , desenvainou a súa alfaxe e dun
tallo desgazou á moza para que ninguén gozase da súa beleza , quedando o seu cabalo branco
tinguido de sangue .
Outra lenda di : que cando habitaban no castelo os mouros unha moza que coidaba dos porcos a carón do río Navia desapareceu
todo o pobo a buscaba ; chamando por
:ISABELIÑA!!!!!!!!!!! ISABELIÑA!!!!! O
que os mouros contestaron : ISABELIÑA ,ISABELÓN DERRETIDA EN ACEITÓN .E nunca
máis apareceu.
A MULLER-LOBO
UNHA MOI BOA: A MULLER-LOBO, de Paula Álvarez García
Había hai moitos anos en Castela, un pai que tiña moitas
fillas, unha das cales comía moita carne, canta máis lle daban máis comía. E un
día o pai díxolle: -Inda vaias comer carne cos lobos o monte. Foi palabra
maldita, xa que aquela mesma noite desapareceu sen saberse que fora dela.
Segundo se soubo despos fuxíu da casa paterna e envorcallouse na area,
volvéndose unha fada que unhas veces andaba de lobo e outras de muller. Foi
desandando desandando ata que chegou ó Cebreiro e ás canellas de Agras de
Tosende. Por estes montes andou moito tempo de capitana dos lobos, causando
estragos na facendo e na xente (isto cando estaba transformada en lobo). O
paradoiro era no monte do Cebreiro. Cando estaba de muller acendía o lume e
xuntábanse os lobos de arredor dela, e non lles deixaba facer mal ningún a
ninguén.
E unha vez que viñan os do Sal de Portugal, cando o
sal estaba estancado, os lobos quixéronse botar a eles para os comer e ela
detívoos decíndolles:
-Quietos, deixádeos pasar.
Así andou moito tempo ata que lle levantaron a fada.
Adoitaba ela ir comer fariña a un muíño e unha vez cadroulle de estar o amo
dentro e quíxose meter por baixo da porta coma sempre, e ó meter unha pata,
viuna o muiñeiro e cunha navalla quíxolle cortar unha perna e ó empezar a
cortar, foi e meteu un berro, volvéndose unha muller.
Así que se viu muller, tratou de ir para a súa casa
preguntando de pobo en pobo ata atopala, tratándoa con moito agarimo seus
irmáns e seu pai.
Para o verán foron os de Tosende á sega a Castela e
foron segar á vasa da tal, entón esta preguntoulle de onde eran e eles
dixéronlle que de Tosende e de Aguis:
-Pois esas terras coñézollas eu ben e coñezo o
Cebreiro e as canellas de Agra, pois tiven que andar por alí de fada e fixen
moitos estragos por ningún tiven tanta pena como por un rapaz que comín, eu
estábao despedazando e el rindo cara mín.
Ó oír esto os segadores colleron tal medo que deron
volta correndo para a súa terra, mal
feito pois a fada volveu detrás deles, acabando co benestar que producira a súa
desaparición.
O Santo Milagre do Cebreiro
Outra lenda de Marcos Montaña: O Santo Milagre do Cebreiro
Conta a lenda que no Cebreiro vivía un crego que non
tiña moita fe no sacramento da Eucaristía.
Había un veciño da parroquia que vivía a unha media
legua do Cebreiro e era tan devoto que por ninguna cousa, nin aínda polas
tormentas e nevadas máis fortes, deixaba de chegarse alí para oír a misa.
Un domingo de inverno, día de grandes ventos e
nevadas, estaba o crego celebrando a misa sen ningún feligrés polo mal tempo
que facía. Tiña xa consagrada a hostia e o cáliz, cando oíu que algén entraba
na igrexa. O crego mirou con sorpresa ao devoto feligrés e pensou:
Pero nese intre, o crego sentiu un estremecemento, e
viu como o pan se convertía en carne e o viño do cáliz en sangue. Caeu de
xeonllos ao pé do altar e desplomouse morto.
As reliquias deste milagre consérvanse en dúas
ampolas de vidrio e prata na igrexa do Cebreiro.
As pontes de Gatín
AS PONTES DE GATÍN: Gabriela Rodríguez Díaz
Hai moito tempo vivía na beira esquerda do
río Navia un mozo que era noivo dunha moza que vivía na beira dereita.O mozo
tiña que cruzar todos os días o río nunha pequeña barca para ir ver á súa
noiva,e volver cruzalo outra vez para regresar á súa aldea
Un día de moita enchenta, cando o mozo ía
remando polo río, apareceu o demo e díxolle:
-Eu podería facer unha ponte nunha soa noite.
O mozo
seguiu remando e non lle fixo caso.
-Non terías que pasar máis traballos para
cruzar o río .A cambio só terás que darme o primeiro ser vivo que naza na casa
despois da túa voda.
Como aquilo parecía imposible, o home aceptou
o pacto co demo.Á mañá seguinte apareceu
feita unha ponte.O mozo e a moza casaron, e non se acordaron do demo ata que a
moza quedou preñada.Que disgusto había!
Segundo o pacto co demo, o que nacera
primeiro era del!
Pero como
o demo fai e Deus desfai ,naceu
unha camada de gatos.O home meteu un nun saco,
levoullo e díxolle:
-Veño cumprir o pacto, este é o ser vivo que
naceu primeiro.
Abriu o saco e saíu del un gatín pequeño, que
ao ver o feo que era o demo, asustouse e saíu correndo.
O tesouro da capela de San Lourenzo
Esta é a primeira lenda " O tesouro de San Lorenzo" de: Javier
Cadenas Díaz.
Aló polo ano 1900 andaban uns homes da Lagúa, entre eles
o señor Manuel de Lombardía, cavando no monte de
Penamaior. Cando chovía ían abrigarse a capela de San Lourenzo de Degolada, no
concello de Baleira (Lugo), que estaba alí cerca. Un día o señor Manuel petou
coa aixada na soleira da porta da capela e como resoara moito, díxolles aos
compañeiros que alí debaixo debía haber un tesouro e que ía arrincar a soleira.
Os outros non lle deixaron arrincala porque tiveron medo a que os castigase San
Lourenzo. Ao outro día pasou por Campo de Árbol un señor francés nun cabalo
branco, e pregutoulles a uns nenos pequenos que estaban coas ovellas, pola
capela de San Lourenzo, dicindo que tiña que ir alí cumprir unha ofrenda.
Deulles unhas perras aos nenos para que fosen ao Cereixal comprar unha bola.
Mentres os pequenos foron polo pan, foise él, e arrincou a soleira da porta da
capela, de alí sacou un barril cheo de ouro.
Cando os homes da Lagúa foron ao outro día polas aixadas,
que as deixaran dentro da capela, encontraron a soleira levantada, e por alí
tiradas as táboas do barril. Aquel día non cavaron nada pensando que tiveran o
tesouro na man e que o deixaron escapar tontamente por medo ao San Lourenzo.
-FIN-
LENDAS
Aquí comezamos coa publicación dun dos interesantes traballos que se están a desenvolver no noso centro. Os alumnos de 1º e 2º de ESO están a rescoller lendas e historias que pouco a pouco imos a dar a coñecer a través deste blog. Máis adiante, cando xa teñamos o traballo completo, presentarémolo nun só formato para que o poidades ler en bloque. De momento imos colgando os seus preciosos traballos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)