luns, 25 de novembro de 2019

TODOS E TODAS  EN CONTRA DA VIOLENCIA MACHISTA


NO IES DE BECERREÁ MOSTRAMOS O REXEITAMENO AO MALTRATO ÁS MULLERES CON DIVERSAS ACTIVIDADES DENTRO E FÓRA DO CENTRO



Mostramos o noso apoio e solidariedade cás mulleres que sexan vítimas de violencia de xénero. Participando en promovendo todo tipo de acticidades, para erradicar as estruturas sociais e as mentalidades que perpetúan unha discriminación das mulleres na sociedade, traballando activamente pola igualdade, Perante toda a sociedade, especialmente un día como hoxe ademáis de  todos os días do ano.



Exoisición realizada no Vestíbulo do IES de Becerreá.



O comenzo dos actos tiveron lugar pola mañá  na Casa da Cultura do Concello, donde o alumnado do Colexio de Becerreá, o grupo musical Son de Cores e o propio alumnado o IES  se uniron para o mesmo fin; o rexeitamento da violencia machista. A lectura do Manifesto en contra da violencia contra as mulleres foi interpretado e acompañado ao piano polo alumnado do noso centro. O peche do acto correu a cargo do IES de Becerreá, coa representación da obra "Meigas ou Bruxas ", esta representaxión é orixinal do IES de Becerreá, e nela faise referncia a que a violencia machista non é cousa de agora, senon de séculos, facendo unha viave pola historia e personificando a mulleres que foron torturadas, asasinadas e acusadas, de bruxería en Galicia  dende o século XV ata o XVII.

Pola tarde todo o alumnado do IES de Becerreá maila todo o profesorado, acudiron á lectura do manifesto no noso instituto. O acto rematou coa interpretación musical a cargo de alumnado e tamén do  profesorado da canción de Amaral "Saír correndo", que foi interpretada na nosa lingua (ver vídeo na parte inferior).



Vídeo do EDL do IES de Becerreá que introduce á representación "Meigas ou Bruxas"

Presentación de Yolanda.
Lectura do Manifesto.

Interpretación musical "Saír correndo"





A violencia contra as mulleres é unha das máis degradantes violacións dos Dereitos Humanos e continúa progresando no ámbito global. Non respecta fronteiras, culturas, niveis económicos. Está presente en épocas de conflito e en tempos de paz, no fogar, no traballo e na rúa.






VÍDEO DO ACTO COMPLETO NO IES DE BECERREÁ

 
VÍDEO DA REPRESENTACIÓN DESENVOLTA NA CASA DA CULTURA


domingo, 24 de novembro de 2019

EXPOSICIÓN E CHARLA NO CENTRO DOS NOVE ANOS DE ANTÓN FRAGUAS EN LUGO

A exposición ocupou  o vestíbulo do centro dende o 11 ao 15 de novembro. Foi presentada por  Xulio Xiz, que amosou ao alumnado "Os nove anos de Fraguas en Lugo" 



Xulio Xiz  no vestíbulo do centro.
 Xulio Xiz é xornalista, guionista, escritor e produtor. Cofundou e dirixiu con Carlos Rodríguez Arias a produtora e editorial Ophiusa (1986), Televisión Lugo (TVL, 1994) e o portal de Internet Galicia Dixital.











Antón Bao Abelleira e Xulio Xiz na charla de Fraguas.

   Convidado polo profesor de Lingua Galega Antón Bao Abelleira, tivemos a sorte de contar coa presenza de Xulio Xiz, exalumno e  amigo de Fraguas, que nos relatou a súas lembranzas  sobre a pegada que o Mestre deixou na cidade das murallas, e en todos os que tiveron a sorte de telo como profesor e amigo. 

 Co motivo de ter sido o 2019 o ano de Fraguas  naceu esta exposición da man do profesor Manuel Regueiro Tenrreiro, o historiador Antonio Prado Gómez e os antigos alumnos do vello profesor Paco Martín Parga e Xulio Xiz. Dezaoito alumnos e amigos de don Antonio tamén participaron neste marabilloso traballo que o alumnado de 4º e 3º da ESO tiveron a oportunidade de coñecer  da man de Xulio, que nos achegou a un   Fraguas dende o lado máis cercano e entrañable. 
 Os nove anos lucenses  de Fraguas deixaron  abundantes froitos culturais e sociais, que cristalizaron en conferencias e artigos que fixeron medrar o seu prestixio intelectual, e contribuiron a conformar unha visión global dun home da cultura de Galicia, por non falar da labor didáctica desenvolta polo Mestre que supuxo o cariño e o recoñecemento da sociedade lucense, e das máis importantes institucións galegas polo seu traballo a prol da cultura e lingua galegas.

Exposición no vestíbulo do centro.

Añadir leyenda


   Os folletos e libros realizados polos autores desta exposición, estiveron á  disposición do alumnado e profesorado, mentras durou esta actividade.


xoves, 21 de novembro de 2019

O ALUMNADO DE 4º DA  ESO E 1º DE BAC ACODE AOS CINES CODEX PARA VER A PELÍCILA DE ÓLIVER LAXE "O QUE ARDE"

Na mañá do 21 de novembro o alumnado  do centro desprazouse a Lugo para poder ver a película de Oliver Laxe "O que arde". Rodada nos Ancares, e mesmo a segunda escea no propio IES de Becerreá, o máis importante  é que está   relatada EN GALEGO


Alumnado asistente no  vestíbulo do Cine Codex.


Os rapaces e rapazas maila os seus profesores; Antón Bao e Ramón Gutierrez, expresaron que a película lles encantara, e que non había agradecemento suficiente para Oliver polo que fixo pola nosa lingua.

Oliver Laxe viu con normalidade o que para outros resulta estraño, sorprendente, case unha heroicidade: levar ao prestixioso festival de cine de Cannes unha película en galego. Para el, relatar en galego a súa película na que está tan presente o ser do Anacres, creo que forma parte da máis absoluta normalidade. Non podía ser doutro xeito. 
Cando a pelícila se estrenou en Cannes, por primeira vez na historia, o público, o xurado especializado, o mundo do cine, escoitou na nosa lingua unha historia cinematográfica que premiaron, que eloxiaron os especialistas e os que non o son, hoxe mesmo acaba de ser seleccionada para os Premios do Cine Europeo. Queda demostrado, unha vez máis, que a nosa lingua produce arte, arte exquisita.  Non hai agradecemento suficiente para Oliver polo que fixo pola nosa lingua. 
A todo isto hai que engadir que o noso centro tamén aparece na película. Iso si, convertido en xulgado onde se realizan certos trámites xudiciais relacionados co protagonista. De feito Fernando, o director, coma Margarita, a conserxe e algún alumno colaboraron durante os dous días que durou a rodaxe no Instituto.
Pero non remata aí, tamén Ramón Gutierrez, profesor de relixión e acompañante do alumnado tamén forma parte activa no filme, como o exalumno, Álvaro.

A película relata a historia de Amador, un coñecido pirómano galego que foi acusado de causar un novo incendio.Lois, un novo bombeiro, explora as profundidades dun bosque en chamas. Os seus destinos están vinculados polo poder dun misterioso lume.








Alumnado na sala do Cine Codex.

ANIMAMOS A TODO O MUNDO A VER ESTA MARABILLOSA PELÍCULA NA NOSA LINGUA, E MOITAS GRAZAS A OLIVER POR MELLORAR A NOSA AUTOESTIMA, POR FACERNOS SENTIR MÁIS FACHENDOSOS DE NÓS MESMOS.

sábado, 16 de novembro de 2019

MAGOSTO 2019

O PASADO 13 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O MAGOSTO NO IES DE BECERREÁ



No patio do centro, tivo lugar a  festa anual do Magosto 2019,  na que participou todo o alumnado da ESO e o profesorado. Organizada polo alumnado de 4º, como vén sendo tradición, os xogos  populares, a música e  as castañas fixeron a tarde máis curta do esperado. 


 




CHARLA SOBRE O EMPRENDEMENTO NOS ANCARES


Na tarde do pasado luns, 4 de novembro, celebrouse no IES de Becerreá unhas “charlas sobre experiencias de vida e emprendemento na comarca dos Ancares”, asistiron ó mesmo algúns alumnos de 4º da ESO, 1º e 2º de bacharelato.


Fe Álvarez.

Fe Álvarez, Xerente  do GDR AsociaciónMontes e Vales Orientais do  PLAN LEADER 
na comarca dos Ancares (programa de desenvolvemento rural, que consta dunha serie de axudas enfocadas ao medio rural que intentan dar resposta ao abandono das zonas agrícolas en Europa), introduciu a charla, facendo unha descripción deste programa europeo animando ao alumnado a "quedar ,crear e emprender" na nosa comarca. Segundo Fe temos un gran potencial que compre desenrrolar, facendo fincapé na idea de que hai futuro nos Ancares.



Carmen Sánchez.ñ
A primeira intervención correu a cargo de Carmen Sánchez sobre o Plan LEADER (programa de desenvolvemento rural, que consta dunha serie de axudas enfocadas ó medio rural que intentan dar resposta ó abandono de las zonas agrícolas en Europa)
Expuxéronse varios exemplos de proxectos levados a cabo na comarca. Neste caso, como era de esperar, a maioría dos mesmos eran no sector primario (apicultura, viño...) e terciario (relacionados co turismo) en moita menor medida do sector secundario.
Tamén se recalcou que só se podían subvencionar unha pequena parte de todas as ideas que solicitaban as axudas, que soen acadar ata o 50 % do investimento, de tal xeito que era preciso facer unha selección dos mellores proxectos.
Un dos inconvenientes destas axudas é que o emprendedor tarda moito tempo en recibilas dende que se solicita, polo que era preciso contar con capital inicial suficiente.





David López.
A segunda intervención correu a cargo de David López Ramos, enxeñeiro técnico forestal. Resaltou as oportunidades que había no sector primario e concretamente no forestal. A importancia da castaña na zona e como se estaban levando a cabo estudios por parte da Xunta para catalogar as distintas variedades o que no futuro podería xerar a necesidade de viveiros de planta nai.

Como as subvencións da Xunta de ata o 100% do custo, para restaurar o patrimonio (cabazos, pallozas....) crearon a necesidade de: palla de centeo, teitadores, carpinteiros, etc










Lourdes Abuide. 
A terceira participante foi Lourdes Abuide, antiga alumna do instituto e empresaria de Navia de Suarna. Contou como detectou unha necesidade non satisfeita por ninguén a través da festa da Androia da súa Vila. De tal xeito que se animou a crear unha empresa de embutidos, que ten por produto estrela, precisamente este embutido típico da súa zona. Foi un dos poucos exemplos de empresa do sector secundario.
O último dos exemplos foi o de casa Chaín, empresa pertencente ó sector terciario. Adicada a eventos culturais e turismo rural, inspirada noutros proxectos levados a cabo en Francia.
Finalmente na ronda de preguntas, os alumnos amosaron especial interese en obter información sobre a obtención de financiamento para as súas ideas.

martes, 5 de novembro de 2019


SAMAÍN 2019


O 30 de outubro celebramos o Samaín con dúas representacións interpretadas polo alumnado do centro





Coa gran implicación dos Departamentos Didácticos de Lingua Galega, Música, Língua Extranxeira (Inglés), Tecnoloxía, Educación Física, a Titoría de 4º da ESO e alumnado pertencente ao EDL do centro, leváronse a cabo dúas pequenas representacións que encheron a tarde de maxia e diversión.

O alumnado de 4º da ESO interpretou un relato de Ánxel Fole pertencente á primeira obra narrativa do escritor lucense chamada "Á LUS DO CANDIL". O divertido relato, titulado “Os defuntos falaban castelán”, está ambientado nunha cantina e nun camposanto que mesmo podería ser o Camposanto de Becerreá. As risas dos asistentes foron a tónica e o agasallo para os actores e actrices, que fixeron pasar a tod@s os asistentes un divertido rato.

"Bruxas ou Meigas" foi a segunda representación da tarde, obra do EDL e do Departamento de Lingua  Galega do IES de Becerreá. Foi interpretada por Elba, Zaira, Ainhoa, e Tamara, alumnas do centro. A obra narraba a vida de catro mulleres acusadas de bruxería en Galicia pola Inquisición:  Ana de Castro, veciña de Armenteira; Lucía Fidalgo, de San Martiño de Danllo, en Lugo; María Soliña, de Cangas do Morrazo e María Rodríguez, de Ponte de Lima. As alumnas metéronse na pel destas mulleres maltratadas, para facer chegar  a súa triste e dura historia a todos os presentes. 


Elba, Zaira, Ainhoa e Tamara .


Ademáis no vestíbulo do centro realizouse unha exposición que reflictía a figura das bruxas, meigas, e personaxes femininos fantásticos en Galicia. O traballo tamén recolle un pequeno estudo sobre a Caza de Bruxas dende a Idade Media.


Exposición:  "Persoaxes  femininos máxicos e Caza de Bruxas"


O vídeo das dúas representacións.