Obradoiros de Baile galego e Danza urbana no IES de Becerreá
O profesor Rubén Amade director da escola de danza e espectáculos Gravitty
de Lugo e Ismael Carcedo profesor de
Baile galego da asociación Abrente impartiron obradoiros de danza no IES de
Becerreá.
Ismael Carcedo co alumnado de 4º ESO |
Rubén Amade co alumnado de 1º de Bac |
Os obradoiros de danza organizáronse en distintas xornadas ao longo do
curso, dous xéneros diferentes dentro do marco da danza popular hiphop, e danza
tradicional, a idea é achegar este tipo de manifestación cultural en Galicia
desde o eido da tradición e a modernidade. O Departamento de educación física, música e o EDL do centro participaron nesta actividade que o alumnado acolleu con gran
aceptación.