martes, 12 de marzo de 2019



NO IES DE BECERREÁ CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER COA COLABORACIÓN DA AGRUPACIÓN MUSICAL FEMININA "SON DE CORES"  

 

Actuación agrupación musical Son de Cores.

                        
Este martes 12 de marzo, no Salón de actos do centro, conmemoramos o Día da muller. O acto comenzou coa emotiva actuación do alumnado de Afondamento en Lingua Galega de 1º de BAC, na que se citaban frases  de  personalidades célebres de diferentes ambitos, nas que se reividicaba a igualdade entre mulleres e homes. Pero sen dúbida, o que foi un verdadeiro agasallo, foi a actuación da agrupación feminina "Son de Cores", integrada por mulleres veciñas da comarca, que tiveron a xenerosidade de actuar para para nós. Esta agrupación ten o compromiso de erradicar todos os aspectos sexistas da literatura utilizada no folclore, ademáis de ponderar a figura da muller e a música do País. Maruxa , integrante do grupo explicou a todos os asistentes, o cambio que o papel da muller na vida do rural experimentou co paso do tempo, e afondou na idea de que aínda hai moitas cousas que cambiar. Sen dúbida foi un pracer poder compartir con elas este día tan especial para todas.
Para rematar todas as alumnas, profesoras, e integrantas de "Son de Cores" cantaron xuntas a cantiga difundida nas redes "Vai tú, vai ela". 

PREME PARA VER O VÍDEO DO ACTO


Alumnado de Afondamento en Lingua Galega, na súa actuación.

                             

Todas as participantes cantado xuntas polo feminismo.


                                                                             
Exposición  Mulleres Galegas realizada no IES de Becerreá.







mércores, 6 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019 

Exposición Persoaxes do  Entroido 2019.


Sombreiro Madama.
Peliqueiro.
Vergalleiro.
            


O venres día 1 de febreiro no IES de Becerreá celebramos o tradicional Entroido con infinidade de actividades e participación de todo o centro.
 As actividades e preparativos comenzaron tempo atrás para a elaboración da exposición no vestíbulo do centro sobre os persoaxes do Entroido en Galicia, na que se fai un percorrido polo entroido de diversos lugares da nosa xeografía. O traballo realizado polo alumnado de 1º da ESO de Lingua Galega  pretende  poñer en valor a cultura e tradición desta festa ancestral, tal e como se conserva no noso país. 
O concurso de comparsas e disfraces tivo lugar ás 12 da mañá, coa participación de practicamente toda a comunidade educativa. O xurado composto polo alumnado de 4º da ESO escolleu aos xuíces do concurso televisivo Got Talent para compoñer o seu propio xurado. 
O alumnado de 4º da ESO encargouse de toda a celebración, mesmo tamén da realización dos doces de entroido cos que convidaron a todo o centro.


Espantallo 2019.

Por falta de tempo a queima do espantallo aprazouse para a volta das vacacións. Este ano os organizadores decidiron queimar todo aquelo que rexeitan. O alegato e a queima  realizarase á volta do entroido.















Se queres coñecer como celebramos o Entroido 2019 visualiza este vídeo.


 Para ver as fotos do Entroido e das comparsas deste ano PREME AQUÍ

EVENTO CONMEMORATIVO ROSALÍA 2019



O 26 de febreiro celebramos, como cada ano, a nosa admiración e lembranza a Rosalía de Castro, cun acto conducido polo alumnado de Afondamento de Lingua Galega de 1º de Bac, no que a poesía de Rosalía foi a protagonista.
O evento conmemorativo incluía un orixinal Concurso Puzzle Rosalía, realizado nas aulas da ESO do centro, que consistía na montaxe de puzzles realizados con poemas da admirada escritora, este concurso recibiu unha marabillosa acollida por parte do alumnado, os premiados foron agasallados polo alumnado de Afondamento en Lingua Galega no Salón de Actos do IES de Becerreá. A continuación deuse paso á Poxa Literaria, que xa constitúe un clásico nos actos conmemorativos desta data. Esta animada competición consistente na recitación de poemas de Rosalía no menor tempo posible, fixo partícipes tanto ao profesorado como ao alumnado do instituto.
A diversión e a emoción deste orixinal concurso únenos en torno á figura de Rosalía cada ano, esperando que a súa poesía permanezca sempre con nós.


Antón Pérez na poxa.
Fernando Cerecedo e Yolandana poxa.




Marcela na poxa.










Jorge na poxa.