Dia Internacional das Mulleres IES de Becerreá
Exposición "Nós Outras" sobre as mulleres nas letras, na ciencia e na música. |
Celebramos un novo 8 de marzo. Dia
Internacional das Mulleres. Unha data cun gran significado: o que lle damos as
mulleres que día a día loitamos por conseguir o lugar que nos corresponde na
sociedade. É un día de celebración, pero tamén de reivindicación. A nosa loita
debe ser vista como motor de cambio, combativo e transformador.
Sempre no camiño, a prol da igualdade de xénero!
A exposición que este ano nos ocupa, visibiliza figuras femininas de distintos eidos, mulleres de hoxe e antano, que moitas veces quedaron esquecidas, ou ben, no caso de hoxe descoñecidas, darlles o seu lugar parécenos un labor fundamental. O traballo realizouse desde distintos departamentos: Física e Química, Lingua Galega, Música, Equipo de Dinamización Lingüística e o Equipo da Biblioteca. O Alumnado participante pertence a distintos cursos, a saber: Noelia Caloto Ramos, Daniela Novo López, Maitane López Navia, María Alexandra Popa, Ainara Pereira Álvarez, Natalia Díaz Fernández, Iris González López, Zaira Alba Novo, Paula López Rosón, Kevin Armesto Brea, Javier González Corral, Lucia Rodríguez Díaz, Iván Piélago González.
Durante esta semana os departamentos didácticos traballarán na elaboración e divulgación de vídeos sobre este traballo que axudará ao alumnado a coñecer mellor a estas mulleres.
Para ver o vídeo do traballo "Escritoras galegas", preme aquí: