martes, 28 de novembro de 2017



BECERREÁ EN NEGRO EN NEGRO VIOLENCIA


 Con grande implicación do alumnado do centro, na semana do 20 ao 24 de novembro tiveron lugar as distintas actividades programadas para denunciar e sensibilizar sobre as situacións de violencia física e psíquica que viven moitas mulleres a diario


    Das xanelas e doutras partes do instituto colgaban prendas e teas negras, en sinal de loito polas mulleres que están a vivir esta traxedia; o alumnado acudiu tamén vestido de negro; da nosa "árbore dos dereitos humanos", e doutros paneis e portas, penduraban carteis reivindicativos e de denuncia; os alumnos e alumnas de 1º da ESO realizaron un mural con "post-it" debuxados, invitándonos a rebelarnos contra os maltratadores cando recoñezamos a un deles; alumnado de 3º confeccionou e repartiu lazos entre o alumnado e profesorado do centro; e un grupo de alumnas e alumnos de 1º de BAC elaboraron e executaron unha emotiva Haka coa que representaron o seu desafío aos violentos, ao tempo que salientaban a forza solidaria da mobilización do colectivo feminino.
O venres día 24, estes mesmos alumnos e alumnas de 1º de BAC acudiron ao acto organizado polo Concello de Becerreá, no que tres alumnas (Blanca, Gabriela e Paula) leron un manifesto orixinal no que expresaron o seu rexeitamento absoluto ao machismo e a violencia exercidos sobre as mulleres.  


                                  


                                            PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES

domingo, 26 de novembro de 2017

TICODIARIO IES DE BECERREÁ




TICODIARIO IES DE BECERREÁ

O pasado 17 de novembro os alumnos de TIC º de BAC do IES de Becerreá, visitaron a fundación co profesorado responsable.


                                                                 Alumnos e profesores participantes


 Resultou moi interesante e lúdico para eles porque lles ensinaron os platós de gravación,unidades móviles para cubrir eventos coma o fubol, concertos, etc. Nesta visita os rapaces reciben formación de tratamento de video, imaxe, e elaboran un Ticodiario.



martes, 14 de novembro de 2017


    

MAGOSTO 2017

OS ALUMNOS DE 4º DA ESO AGASALLÁRONNOS CON UN MAGOSTO CHEO DE XOGOS E LARPEIRADAS



 Como é tradición no noso instituto, os alumnos de 4º da ESO do centro coa coordinación da súa titora, organizaron O Magosto.  Unha tarde de xogos tradicionais, Karaoque, música, doces, castañas, e moita diversión.

Que ricas as castañas!!!                         
que fantástico magosto!!!



tiñamos que celebralo 
inccluso no mes de agosto


Aquí témolo magosto                                                    





que viva a festa rachada
os rapaces deste IES
farán hoxe a castañada

A castaña no ourizo
quixo rir e reventou:
caendo castiro abaixo,
mira que golpe levou!

PREME AQUÍ PARA VER AS FOTOS

mércores, 1 de novembro de 2017

SAMAÍN 2017-18

SAMAÍN MÁXICO 2017



Celebramos o Samaín lembrando a tradición celta


                                   Estantiga realizada polos alumnos de 3º da ESO
    

 Os alumnos de 3º da ESO agasalláronnos con varias presentacións e traballos escenificados, nas que se afondaba na tradición celta. Os departamentos de Lingua Galega , Lingua Extranxeira, Plástica e Música coordinados polo EDL do IES de Becerreá  colaboraron con esta acctividade que rematou cunha larpeirada elaborada polos propios alumnos de 3º ESO.

Foi un serán cultural, lúdico, máxico, cheo de tradición e festa para dar comenzó ao Aninovo  Celta.
PREME AQUÍ para ver o vídeo dos actos.E AQUÍ para ver as fotos.




Presentación dos alumnos de 3º de Lingua Galega
"PERSOAXES MÁXICOS"



Presentación dos alumnos da Titoría 3º da ESO 
"HISTORIA DO SAMAÍN"


  Presentación alumnos 3º ESO Lingua Extranxeira
   "SAMHEIN"