BLOG DO Equipo de Dinamización Lingüística do IES DE BECERREÁ "A REBOLA"
venres, 23 de decembro de 2022
venres, 16 de decembro de 2022
Obradoiro de escritura creativa con Antía Yáñez
Antía Yáñez na Biblioteca do centro. |
mércores, 7 de decembro de 2022
CAMBIO CLIMÁTICO E SISTEMA ALIMENTARIO
martes, 6 de decembro de 2022
Becerreá en contra da violencia ás mulleres
O pasado mércores no IES de Becerreá celebramos con diversas actividades o rexeitamento da violencia contra as mulleres
O número de mulleres asasinadas por violencia de xénero ascende a 37 en 2022 e a 1.1167 dende 2003
martes, 15 de novembro de 2022
Magosto no IES de Becerreá
Con máis ganas que
nunca, como se facía en tempos prepandemia, celebramos o magosto organizado
polo alumnado de 4º da ESO. Castañas asadas polas cociñeiras do centro,
concurso de chistes, xogos populares fixeron da tarde unha xornada de
convivencia entre o alumnado da ESO e o
profesorado, que a piques estivo de vencer no tradicional xogo das cadeiras.
PREME NO VÍDEO PARA VER AS ACTIVIDADES
mércores, 9 de novembro de 2022
SAMAÍN 2022
Como todos os anos, e iso resulta moi agradable dicilo, volvemos celebrar o Samaín cunha chea de actividades. Para comezar o alumnado de plástica elaborou un cruceiro a escala para ambientar a exposición do vestíbulo, que este ano trataba sobre o mundo das ánimas e os defuntos. O cruceiro, en cuestión tratábase do Cruceiro en San Cibrán de Barcala (A Coruña).
Na exposición "O MUNDO DAS ÁNIMAS E DOS DEFUNTOS" recóllense crenzas e tradicións sobre a noite de defuntos, a morte e o mundo das ánimas. A crenza de que existen determinadas datas do ano no que é máis fácil o transo entre ámbolos dous mundos, o do Alén e o terreal, segue presente en moitos lugares do noso territorio e no acervo popular.
Os actos comezaron coa actuación do grupo de teatro do centro que representou unha pequena obra teatral na que se contaba unha historia sobre a Santa Compaña, e unha exposición sobre a orixe e tradicións populares de Samaín.
Grupo de teatro do IES de Becerreá. |
Melissa Álvarez |
PARABÉNS A TOD@S POLO TRABALLO
xoves, 20 de outubro de 2022
Alumnado de 3º da ESO colabora b¡na limpeza de vertedoiros e treitos do río Ser en Vilela
Alumnado de 3º da ESO con Jesús Folgueira e Fernando Cerecedo. |
venres, 14 de outubro de 2022
O IES de Becerreá conmemora o Día da muller no rural 2022, coa celebración dun coloquio no salón de actos do centro
Como invitadas acudiron Andrea Valle e María Osorio, que colaboraron desintaresadamente co instituto
O tema do coloquio foi “A muller no rural, servizos e autoestima”, xa que visibilizar a importancia que merece a achega económica, social e cultural que desenvolven as mulleres en áreas rurais, as dificultades que atopan á hora de conciliar a súa vida profesional e familiar no mundo rural con crecente despoboamento e envellecemento poboacional, require mellorar os servizos públicos e as medidas de apoio social.
domingo, 9 de outubro de 2022
O alumnado de Lingua Galega ofreceu un recital poético para conmemorar a apertura da exposición. |
xoves, 29 de setembro de 2022
Alumnado de 1º de BAC do IES de Becerreá participou no encontro poético Residencias Literarias «Ámeto Mítico»
Alessandro Burbank, Tamara Andrés e Mohamed Abdullah foron os/as poetas que se achegaron ao centro para compartir as súas composicións, que recitaron no salón de Actos
A Fundación Uxío Novoneyra desenvolve de xeito anual a convocatoria de residencias poéticas itinerantes no Camiño de Santiago «Ámeto Mítico», un proxecto que forma parte da programación «O teu Xacobeo» impulsada pola Xunta de Galicia.
«Ámeto Mítico» ten como obxectivo actualizar e dialogar co legado da poesía trobadoresca galego-portuguesa, caracterizada polo influxo da lírica provenzal e doutras influencias que, coma a poesía sufí, chegaron a terras de Galicia polos camiños de peregrinación xacobea. Toma como inspiración as rotas descritas no libro Arrodeos e Desvíos do Camiño de Santiago, último poemario de Uxío Novoneyra, quen foi tamén un recoñecido actualizador da poesía trobadoresca. «Ámeto Mítico» foi precisamente o nome co que o poeta nomeou este volume elixido para pechar a súa obra.
Estas residencias internacionais de escrita buscan
achegármonos a ese «ámeto mítico» que imaxinou Novoneyra. Con elas a Fundación
quere contribuir recuperar a temática xacobea para a poesía actual ao tempo que
convidar ao recoñecemento entre a mocidade do Camiño de Santiago, primeiro
Itinerario Cultural Europeo.
«Ámeto Mítico» reactiva este legado. Acompaña a poetas interesadas/os na experiencia da peregrinación co obxectivo de divulgar o Camiño como espazo mítico sobre o que continuar a escribir poesía.
Alumnado de 1º do Bac participante do encontro poético. |
luns, 6 de xuño de 2022
A REBOLA 28 ANOS DE HISTORIA
Para conmemorar os 28 anos de historia da revista realizouse una exposición con todos os exemplares da mesma no vestíbulo do centro
domingo, 29 de maio de 2022
ACTOS CONMEMORATICOS
LETRAS GALEGAS 2022
O Día das Letras
Galegas é unha celebración para homenaxear a persoas que destacaron polo aporte
literario e reivindicativo do noso
idioma . Desde 1963, cada 17 de maio a Real Academia Galega dedica esta
celebración a unha personalidade diferente.
A data de celebración deste evento, o 17 de maio, débese a que en tal día como ese, en 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra Cantares galegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento" ou renacemento cultural de Galicia.
A celebración do Día dás Letras non é un acto rutinario, é unha xornada de orgullo colectivo, celebración da lingua galega e de reivindicación dos nosos dereitos lingüísticos, porque o dereito a falar en todos os espazos da nosa vida non está garantido, garantir o dereito a falar é garantir o dereito de saber.
Exposición Florencio Delgado |
Alumnado e
profesorado pertencente ao EDl do centro presentaron unha exposición no
vestíbulo do centro para dar a coñecer a Florencio Delgado.
O noso particular homenaxe a estas mulleres foi a realización dunha exposición no vestíbulo do centro, que recollía figuras femininas relevantes da literatura galega do século XX e XI. Ademais o alumnado pertencente ao EDL fixo unha presentación no salón de actos para todo o alumnado da ESO.
O grupo de teatro do instituto actuou coa estrea da obra "As meigas sempre atinan" para conmemorar o día da letras. A representación estaba baseada no conto de Ánxel Fole, e o guión realizouno a alumna de 4º da ESO Daniela Novo.
Parabéns aos actores e actrices por levar a cabo este divertido proxecto.
Alumnado de 3º da ESO participa no
IV CONGRESO CIENTÍFICO DA MONTAÑA
O 28 de abril de
2022 celebrouse o IV Congreso Científico da Montaña. Este ano participaron
finalmente cinco centros de ensino, o centro anfitrión que foi o CPI de
Cervantes, o CPI Uxío Novoneyra de Pedrafita, o CPI Poeta Uxío Novoneyra do
Courel, o IES Plurilingüe San Lourenzo de Mondoñedo e o noso centro, o IES
Becerreá.
Por fin, despois de dúas edicións online, foi
posible celebrar o congreso de xeito presencial. Temos que agradecer ao CPI de
Cervantes o seu traballo para organizar unha xornada perfecta para todos os que
tivemos a sorte de poder asistir. En total presentáronse vinte dous traballos.
A charla inaugural titulábase “As
montañas de Galicia, unha historia de 500 millóns de anos” e foi impartida polo
xeólogo Francisco Canosa quen de xeito sinxelo, procedeu a relatar os principais
procesos que orixinaron as rochas e o relevo actual de Galicia.
sábado, 28 de maio de 2022
DÍA DA MULLER 2022
Foron varios os traballos desenvoltos no centro para conmemorar esta efeméride.
A implicación correu a cargo da Dirección do centro, departamentos didácticos, Equipo de Dinamización Lingüística, Equipo da Biblioteca, do alumnado e Concello do de Becerreá.
En
colaboración co Concello, presentouse a exposición "Mulleres en
Becerreá", na que as protagonistas eran mulleres traballadoras da vila,
antigas alumnas do centro, nais de alumnas e alumnos, moitas das cales residen
na comarca ou traballan nela.
A idea era dar visibilidade ao
seu labor, traballo, investigacións, e como non, á súa figura, que é tan importante coma a dos seus
homólogos, coa diferencia de que elas nin sequera aparecen, quedando
silenciadas.