xoves, 30 de xaneiro de 2020

NOVO TICODIARIO DO IES DE BECERREÁ




Como xa é tradición, o alumnado de 1º de Bac visitou a Fundación TIC e realizaron unha nova edición do famoso "Ticodiario". Aquí queda o vídeo no que se recollen as ditintas seccións do mesmo e todas as intervencións do noso alumnado, incluíndo a sempre imprescindible, e neste caso divertida, información meteorolóxica.

martes, 28 de xaneiro de 2020

PRESENTACIÓN  DO DOCUMENTAL "VÍA KÜNIG: 500 ANOS DE PEREGRINAXE"


Jaime Pardo, Javier Gómez e Claudio Vázquez, na presentación do documental.


O luns 20 de xaneiro foi presentado ao noso alumnado este documental, e tamén contamos coa presenza do alumnado de 6º de Primaria do CEIP San Xoán. Para a ocasión estivemos acompañados polo director da gravación, Jaime Pardo Valdés, e polo historiador e impulsor deste trazado, Javier Gómez Vila. Deste xeito, promocionouse entre nós esta vía de peregrinación xacobea alternativa, que quedou perfectamente detallada na guía de peregrinación escrita no ano 1495 polo seu creador, o monxe alemán Hermann Künig, e que transita por paraxes tan próximos a nós, entre outros, coma os do Concello das Nogais, Becerreá e Baralla.

xoves, 9 de xaneiro de 2020


NADAL 2019

O 21 DE DECEMBRO  O APALPADOR E DA APALPADORA VISITARON O CENTRO PARA INAUGURAR OS ACTOS DE NADAL DO  IES DE BECERREÁ


Lolo e Candela.

Elba e Zaira de 2º da ESO presentaron o  acto.


A Apalpadora Candela,  e o Apalpador  Lolo,  inauguraron no IES de Becerreá os actos de Nadal 2019 repartindo os 12 Lacasitos cos que tradicionalmente despedimos o ano ao son as campás. A visita de exalumnado que se achegou ao centro para esta celebración, encheunos de ledicia e esperamos que non perdan esta boa costume. O alumnado de Francés organizou a tradicional chocolatada e a desgustación de doces que vendían, co obxectivo de reacudar fondos para a súa excursión a París. 


Chocolatada.

Ainoa e Alba presentadoras do Concerto.


 A música foi a encargada do peche  desta entrañable festa, coa celebración do "Concerto de Nadal", a cargo do grupo de Música de 1º de BAC, maila o grupo de música galega do centro "Obertura Galega", fundado no ano 2013.

Actuación do Grupo de 1º de BAC.













Actuación do Grupo de 1º de BAC.

Integrantes  Grupo de Música 1º de BAC.


Actuación de "Obertura Galega"