Celebración dos cen anos do grupo
nós. “nós de onte a hoxe, cen anos de historia.”, co alumnado de 4º da eso.
O alumnado de 4º da ESO participou na actividade sobre o centenario do Grupo Nós organizado pola asociación Federación Galiza Cultura, coa colaboración da Deputación de Lugo.
Exposición “Nós de onte a hoxe, cen anos de historia” no IES de Becerreá. |
O programa “Nós de onte a hoxe, cen anos de historia” desenvolveu durante unha semana as seguintes
accións:
- Entrega de 150 exemplares do libro O Grupo Nós. Unha obra maxistral nun tempo decisivo. Entrega de 150 exemplares do libro Amigo Carvalho. Do Halley ao Hubble. Entrega de 20 exemplares do caderno Nós de onte a hoxe. Cen anos de historia.
Alumnado de 4º da ESO co libro do Grupo Nós |
Videoconferencia María Pilar García Negro. |
- Realización,
mediante videoconferencia, dunha visita virtual á exposición “Nós de onte a
hoxe. Cen anos de historia” levada a cabo o día 22 de xaneiro ás 12 horas con
Dna. María Pilar García Negro. Durante esta videoconferncia o alumnado de 4º
tivo ocasión de conversar coa profesora Pilar García Negro. Durante a conversa
xurdiron moitas e interesantes preguntas sobre a historia do grupo Nós pero
mesmo outras de carácter particular sobre como ela mesma chegou ao interese
pola lingua e cultura galegas.
PREME PARA VER O VÍDEO