domingo, 11 de marzo de 2018

IES de Becerreá a prol da IGUALDADE

"Se as mulleres paramos para o mundo" foi o lema que seguimos dende o EDL do centro para reivindicar a igualdade


Os actos conmemorativos comenzaron  o pasado xoves día 8 de marzo cando profesoras e alumnas secundaron o paro convocado para o día 8 de marzo, concentráronse á entrada do centro por unha causa común .







Exposición alumnado Lingua Galega e Biblioteca
 O Dertamento de Lingua Galega, o EDL do IES do centro, o Equipo da Biblioteca e o Departamento de música, traballaron coordinados para o  acto de celebración  do Día da Muller, o venres 9, no que se expuxeron as actividades realizadas para fomentar a igualdade entre xéneros. 
As alumnas de Afondameto de Lingua Galega, Celia Pardo, Esther López e Paula Álvarez, de 1º de BAC,  presentaron o acto, e realizaron un traballo de análise de cancións de marcada mensaxe feminista que elas mesmas traduciron ao galego, e que resultou moi interesante.  Dende o Equipo da Biblioteca traballouse co alumnado de 1º da ESO que aportou imaxes daquelas mulleres (anónimas) ás que máis admiran (xustificando a súa elección nun breve texto que leron máis tarde). O Departamento de Música clausurou o acto ca interpretación  musical de todas as alumnas, persoal non docente e profesoras, que fixeron valer a súa voz para expresar e reivindicar a igualdade. Foi un acto emotivo no que todas; alumnas e profesoras participamos, e do que toda a comunidade educativa quixo formar parte, para sumarse a esta causa.
Aquí podes ver as fotos e debaixo, o vídeo.


   
VIDEO DO ACTO

Ningún comentario:

Publicar un comentario