mércores, 9 de decembro de 2020

 

Xulio Xiz presentou no IES de Becerreá a exposición “Carballo Calero en Lugo”, para o alumnado de 3º da ESO


A exposición ocupará o vestíbulo do centro dende o 9 ata o 16 de decembro, para que o alumnado e profesorado a podan desfrutar


Antón Bao Abelleira presentando a  charla  sobre Carballo Calero.


Exposición Carballo Calero, no IES de Becerreá.

Xulio Xiz impartindo a charla.

Convidado polo profesor de Lingua Galega Antón Bao Abelleira, tivemos a sorte de contar coa presenza de XULIO XIZ, que non é a primeira vez que nos visita, xa que noutra ocasión, Xulio achegouse a Becerreá para relatar as lembranzas sobre a pegada que Antón Fraguas deixou na cidade das murallas. Nesta ocasión o xornalista, guionista, escritor e produtor galego achegou a figura de Carballo Calero a todos os asistentes, relatando a súa labor como docente, e defensor da lingua do país. Segundo Xulio, os quince anos nos que Ricardo Carballo Calero residiu en Lugo tivo unha importante relación ca cidade, e cando por fin se lle dedicou o agardado Día da Letras Galegas o colectivo Egeria fíxose voceiro de ducias de alumnas e alumnos para dar a descubrir o seu vencello coa cidade, e a admiración que produciu como docente nela. 

Así naceu esta exposición que agora todo o alumnado e profesorado pode disfrutar no IES de Becerreá.



Folletos da exposición en miniatura, entregados ao alumnado.



Ningún comentario:

Publicar un comentario