Alumnado de 3º da ESO participa no
IV CONGRESO CIENTÍFICO DA MONTAÑA
O 28 de abril de
2022 celebrouse o IV Congreso Científico da Montaña. Este ano participaron
finalmente cinco centros de ensino, o centro anfitrión que foi o CPI de
Cervantes, o CPI Uxío Novoneyra de Pedrafita, o CPI Poeta Uxío Novoneyra do
Courel, o IES Plurilingüe San Lourenzo de Mondoñedo e o noso centro, o IES
Becerreá.
Por fin, despois de dúas edicións online, foi
posible celebrar o congreso de xeito presencial. Temos que agradecer ao CPI de
Cervantes o seu traballo para organizar unha xornada perfecta para todos os que
tivemos a sorte de poder asistir. En total presentáronse vinte dous traballos.
A charla inaugural titulábase “As
montañas de Galicia, unha historia de 500 millóns de anos” e foi impartida polo
xeólogo Francisco Canosa quen de xeito sinxelo, procedeu a relatar os principais
procesos que orixinaron as rochas e o relevo actual de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario