SAMAÍN 2022
Como todos os anos, e iso resulta moi agradable dicilo, volvemos celebrar o Samaín cunha chea de actividades. Para comezar o alumnado de plástica elaborou un cruceiro a escala para ambientar a exposición do vestíbulo, que este ano trataba sobre o mundo das ánimas e os defuntos. O cruceiro, en cuestión tratábase do Cruceiro en San Cibrán de Barcala (A Coruña).
Na exposición "O MUNDO DAS ÁNIMAS E DOS DEFUNTOS" recóllense crenzas e tradicións sobre a noite de defuntos, a morte e o mundo das ánimas. A crenza de que existen determinadas datas do ano no que é máis fácil o transo entre ámbolos dous mundos, o do Alén e o terreal, segue presente en moitos lugares do noso territorio e no acervo popular.
Os actos comezaron coa actuación do grupo de teatro do centro que representou unha pequena obra teatral na que se contaba unha historia sobre a Santa Compaña, e unha exposición sobre a orixe e tradicións populares de Samaín.
Grupo de teatro do IES de Becerreá. |
Melissa Álvarez |
Ningún comentario:
Publicar un comentario