ENTROIDO 2024 IES DE BECERREÁ
O Departamento de Latín e Grego, e o EDL do centro realizaron un estudo das similitudes entre as Lupercais romanas e ao Entroido Galego
As Lupercais contaban cun ritual ben definido: comezaba cun sacrificio dunha cabra ou dun can. A continuación, presentábanse no altar dous rapaces ós que se lles manchaba a fronte da sangue dos animais, e logo debían rir. Mentras tanto, os lupercos arrican a pel dos animais a tiras con forma de látegos e confeccionaban os seus taparrabos á vez que os asistentes entoaban cantos festivos. Logo, comezaba unha carreira pola cidade na que as mulleres se ofrecían a ser azoutadas cos látegos para favorecer a súa fertilidade. Finalmente, procedíase á celebración dun banquete dos sacerdotes coa carne dos animais sacrificados, e cada familia tamén celebraba nas súa casa con abundante comida.
Traballos alumnado latín e grego. |
Igual que nas Lupercais romanas, en Galicia os roles sociais están ben establecidos e en cada zona aparecen personaxes pinntorescos con características ben recoñecibles. Así pois, convén ir disfrazado e con ganas de divertirse. Sen disfrace córrese o risco de sufrir algún golpe de fusta, quedar cheo de fariña ou de formigas vivas ou a pagar unha ronda de viños. É a l e i !
Estas festas teñen carácter propio, sobre todo na actualidade na que perderon significación relixiosa en relación cos ritos agrarios. Foi recuperada e mantida malia que en moitas ocasións se prohibiu polo seu carácter libertario.
Ó igual que outras festividades, as divindades e festas pagás foron adaptadas ó Cristianismo. Así sucedeu coas Lupercais, que foron adaptadas na Candelaria, celebrada o 2 de febreiro, patrón de Becerreá, e relacionada tamén coa purificación.
Por outro lado, a palabra 'entroido' deriva do termo latino "introitus", é dicir, "comezo",
facendo referencia á entrada
na primavera. Este momento coincidía xusto antes da Coresma,
momento no que está prohibido o consumo de carne.
Neste punto é onde se relaciona
co termo 'carnaval',
que tamén procede do latín "carnem levare", ousexa, "quitar a carne".
Nun ambiente de festa, a xente disfrazábase para escorrentar ós espíritos
malignos que podían estragar as colleitas que estaban por vir.
PREME AQUÍ PARA VER O TRABALLO EN CALAMEO
Pero o Entroido no IES de Becerreá, forma parte da programación do EDL no empeño de celebrar as festas tradicionais, propias da identidade cultural de Galiza. O alumnado de 4º da ESO, todos os anos organiza o Entroido con unha semana chea de actividades colectivas para toda a comunidade educativa, e ademais dinamizan e dirixen o concurso de comparsas, queima do espantallo e degustación de doces feitos polo alumnado. Queremos agradecer o seu traballo e dedicación!
PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO DO NOSO ENTROIDO
Ningún comentario:
Publicar un comentario