Iº PREMIO IES BECERREÁ
NA COMARCA DOS ANCARES
O PREMIO “IES de BECERREÁ Á PROMOCIÓN DA LINGUA E A CULTURA GALEGAS NA COMARCA DOS ANCARES” é un proxecto do Equipo de Dinamización Lingüística destinado a recoñecer iniciativas, traballos recentes, traxectorias de persoas individualmente, colectivos ou entidades comprometidas coa promoción e dignificación social do noso patrimonio lingüístico e cultural pertencentes á comarca de influencia do Instituto.
O Premio quere contribuír a ese obxectivo e implicar o conxunto da comunidade educativa na súa consecución.
Para isto, o Premio IES de BECERREÁ outorgarase de acordo coas seguintes
BASES
1. Concederanse dous premios de promoción da nosa lingua e cultura na comarca diferenciando estes dous ámbitos de actuación:
a)
Persoas,
asociacións, entidades ou colectivos involucrados ou que traballen directamente
no labor cultural.
b)
A iniciativas
privadas, empresariais ou comerciais relacionadas co tecido económico,
produtivo ou doutra índole desta comarca que se distingan polo uso do idioma e
no apoio e dignificación da nosa cultura.
- Os membros do xurado poden propoñer unha ou varias.
- Calquera persoa, entidade ou colectivo poderá presentar unha ou varias candidaturas enviando ao IES de Becerreá (Castelo s/n/) ou por correo electrónico (ies.becerrea@edu.xunta.es) unha proposta que inclúa o nome e datos de contacto xunto cunha explicación das candidaturas na cal se incida no uso do galego que se fai desde a proposta candidatada.
4. O prazo para a presentación de candidaturas remata o día 14 DE MAIO DE 2014.
5. O xurado do Premio estará conformado polo director do Instituto, os compoñentes do EDL do IES de Becerreá, o representante de nais e pais do Consello Escolar e a Comisión de Alumnos/as conformada para elaborar propostas e o desenvolvemento do Premio.
7. Os premios serán entregados nun acto público ao cal se dará difusión polos medios que determine o IES de Becerreá.
8. O premio, ademais de no seu carácter simbólico, será difundido na revista A Rebola e na páxina web do IES de Becerreá así como nos outros soportes que o centro decida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario