CELEBRACIÓN DOS MAIOS
O día 2 de maio no IES de Becerreá celebramos coa á colaboración da Asociación Cultural Abrente das Nogais a festividade dos Maios
Nunha tarde moi festiva todo alumnado do centro sumouse a esta actividade organizada polo EDL do IES de Becerreá, e na que tivemos a sorte de contar coa colaboración da Asociación cultural Abrente de As Nogais, á que lle estamos profundamente agradecidos.
Actuación " ABRENTE"
Presentadores, Paula e Lexo co Maio David Copdrín
O alumnado de 3ª da ESO foi o encargado da Exposición no vestíbulo do instituto, na que se recolle información sobre a orixe e celebración desta festividade en toda Galicia. Pola tarde do alumnado de 1ª da ESO realizouse unha actuación na que se expoñía este mesmo tema, dando a coñecer a tipoloxía de celebración nas diferentes zonas de Galicia. Para completar este traballo a Asociación Cultural Abrente amosounos como se conmemora o ciclo de maio nas Nogais en representación da celebración dos maios na Comarca dos Ancares. Tamén puidemos disfrutar dun concurso de puchos de flores, que resultou moi divertido, premiouse a orixinalidade e a gracia no posado.
Para rematar todo o alumnado e o profesorado de centro representaron cantando e bailando un "MAIO MOZO" típico de Viveiro, para esta actividade compuxéronse letras adaptadas aos nomes das rúas da Vila de Becerreá. A idea era dar a coñecer esta tradición perdida en moitos lugares de Galicia, e recuperar esta festa na Comarca dos Ancares.
Video da celebración
Ningún comentario:
Publicar un comentario