O IES DE BECERREÁ CELEBRA O DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Os departamentos de Física e Química, Tecnoloxía, Matemáticas e Música realizaron obradoiros didácticos para celebrar o Día da Ciencia na nosa lingua
Exposición de Arquímedes e do Pórtico da Gloria. |
A actividade práctica e lúdica fixo as ledicias do noso alumnado. Durante os períodos de lecer, no vestíbulo do centro, realizáronse obradoiros prácticos durante tres días. As actividades estiveron apoiadas por unha exposición, onde se reflictían os contidos traballados.
Para a ocasión o Departamento de Física e Química construíu un Ludión ou Demo de Descartes, que consiste nun dispositivo ideado por Descartes, co que
se experimentan dous dos Principios fundamentais da hidrostática: o Principio de
Pascal, e o Principio de Arquímedes, ademais recrearon un dos experimentos de Arquímedes consistente nun sistema de poleas.
O Departamento de Tecnoloxía foi o encargado da contrución dun Parafuso de Arquímedes, que é unha máquina gravimétrica helicoidal utilizada para a elevación de auga, fariña, cereais ou material escavado. Foi inventado no século III a. C. por Arquímedes, do que recibe o seu nome, aínda que existen hipóteses de que xa era utilizado no Antigo Exipto.
Parafuso construido en Tecnoloxía |
Ludións realizados polo profesorado. |
O alumnado de 1º da ESO de Música realizou unha exposición sobre "Os 24 Anciáns Sabios do Pórtico da Gloria", que rematou cun animado kahoot no que participou todo o centro.
Gabriel, Alejo e Sito de 1º da ESO, facendo a exposición. |
Para rematar o Departamento de Matemáticas, axudounos a descubrir o número Pi de forma práctica.
Obradoiro do Número Pi. |
PREME AQUÍ para ver máis fotos das actividades desenvoltas e AQUÍ para ver o vídeo explicativo do Ludión (principio de Arquímides).
Ningún comentario:
Publicar un comentario