BLOG DO Equipo de Dinamización Lingüística do
IES DE BECERREÁ
"A REBOLA"
mércores, 28 de novembro de 2018
O IES DE BECERREÁ EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA
Foron moitas as actividades realizadas dentro e fóra do centro para sensibilizar e denunciar a violencia de xénero, todo o alumnado e profesorado do IES de Becerreá implicouse na loita contra a violencia machista
Decoración do vestíbulo realizada polo profesor de Plástica Lolo Garrido e o alumnado de 1º da ESO.
Os actos comenzaron o pasado 23 de novembro cando o alumnado de 1º de BAC e 1º da ESO, acudiu á Casa da Cultura do Concello de Becerreá, para proceder á lectura do Manifesto, e realizar un pequeno Recital a cargo destes mesmos alumn@s, O Tenente de Alcalde Claudio Vázquez e Noemí López Corredoira, encargada dos Servicios Sociais do Concello conduciron o acto, no que tamén participaron alumnado do CEIP de Becerreá e o grupo musical " Son de Cores".
O luns 26 de novembro comenzaron os actos no centro, na hora de lecer da mañá tivo lugar un Concerto a cargo do alumnado de Música de 1º de BAC e 1º da ESO, esta actuación estivo apoiada por lingua de signos en galego, interpretada polo alumnado de 2º da ESO.
Actuación alumnado 2º ESO.
Actuación alumnado de 1º de BAC.
Actuación alumnas 1º ESO.
A Marcha Solidaria non competitiva, foi a derradeira actividade deste día, organizada polo Departamento de Educación Física e coa colaboración do Concello de Becerreá, ao remate do percorrido, e chegada á Casa do Concello de Becerreá, Samara, Alumna de 1º de BAC, en compañía do Alcalde da vila, e do Teniente de Alcale, e todos nós, leu un texto e gardamos un minuto de silencio. Xa de volta ao centro penduramos todos os dorsais da Marcha Solidaria no corredor de entrada do centro.
Dende o IES de Becerreá queremos reiterar o noso compromiso para loitar pola erradicación das violencias contra as mulleres, amosando, ademais, o noso firme rexeitamento de quen as exerce e da complicidade de quen as silencia.
Lectura do texto coas Autoridades do Concello
Fernanda e Fernando explicando a Marcha
Pendurado de dorsais
Participantes da Marcha Solidaria
Estes son os VÍDEOS dos actos desenvoltos, tanto no noso centro (o primeiro), como na Casa da Cultura do Concello de Becerreá (o segundo).
Ningún comentario:
Publicar un comentario