NOVO ENCONTRO COMARCAL DE PING- PONG NO IES DE BECERREÁ
XORNADA DE CONVIVENCIA NA COMARCA DOS ANCARES EN ESTADO PURO ORGANIZADA NO IES DE BECERREÁ
Outra edición máis deste encontro,
no que participou alumnado da ESO dos CPI de Navia, Cervantes, Caurel e
Pedrafita, así como o alumnado de 3º da ESO do noso centro, encargado da
organización e coordinación do torneo.
Co obxectivo de presentar a este
alumnado unha experiencia de convivencia a través do tenis de mesa, un ano
máis este alumnos e alumnas déronnos un exemplo de respecto mutuo e
colaboración durante toda a xornada. Esta comezou co torneo individual, co
alumnado repartido segundo tres niveis de xogo, establecéndose un vencedor por
cada mesa (oito en total, nas que participaban oito ou dez xogadores e
xagadoras). A continuación, desenvolveuse o torneo de dobres, para o que se
establecen parellas que se forman nese momento, baixo a premisa de que deben
estar compostas por alumnado de distintos centros. E como sempre, cando chega o
remate da xornada queda esa sensación de que o tempo pasa demasiado rápido
nalgunhas ocasións, e que esperar un ano para repetir este encontro parece
demasiado longo. Grazas a tod@s e ata a próxima edición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario