TODOS E TODAS EN CONTRA DA VIOLENCIA MACHISTA
NO IES DE BECERREÁ MOSTRAMOS O REXEITAMENO AO MALTRATO ÁS MULLERES CON DIVERSAS ACTIVIDADES DENTRO E FÓRA DO CENTRO
Mostramos o noso apoio e
solidariedade cás mulleres que sexan vítimas de violencia de xénero. Participando
en promovendo todo tipo de acticidades, para erradicar as estruturas sociais e as
mentalidades que perpetúan unha discriminación das mulleres na sociedade,
traballando activamente pola igualdade, Perante toda a sociedade, especialmente un día como hoxe ademáis de todos os días do ano.
Exoisición realizada no Vestíbulo do IES de Becerreá. |
O comenzo dos actos tiveron lugar pola mañá na Casa da Cultura do Concello, donde o alumnado do Colexio de Becerreá, o grupo musical Son de Cores e o propio alumnado o IES se uniron para o mesmo fin; o rexeitamento da violencia machista. A lectura do Manifesto en contra da violencia contra as mulleres foi interpretado e acompañado ao piano polo alumnado do noso centro. O peche do acto correu a cargo do IES de Becerreá, coa representación da obra "Meigas ou Bruxas ", esta representaxión é orixinal do IES de Becerreá, e nela faise referncia a que a violencia machista non é cousa de agora, senon de séculos, facendo unha viave pola historia e personificando a mulleres que foron torturadas, asasinadas e acusadas, de bruxería en Galicia dende o século XV ata o XVII.
Pola tarde todo o alumnado do IES de Becerreá maila todo o profesorado, acudiron á lectura do manifesto no noso instituto. O acto rematou coa interpretación musical a cargo de alumnado e tamén do profesorado da canción de Amaral "Saír correndo", que foi interpretada na nosa lingua (ver vídeo na parte inferior).
Vídeo do EDL do IES de Becerreá que introduce á representación "Meigas ou Bruxas"
Presentación de Yolanda. |
Interpretación musical "Saír correndo" |
A violencia contra as mulleres é unha das máis degradantes violacións dos Dereitos Humanos e continúa progresando no ámbito global. Non respecta fronteiras, culturas, niveis económicos. Está presente en épocas de conflito e en tempos de paz, no fogar, no traballo e na rúa.
VÍDEO DO ACTO COMPLETO NO IES DE BECERREÁ
VÍDEO DA REPRESENTACIÓN DESENVOLTA NA CASA DA CULTURA
Ningún comentario:
Publicar un comentario