xoves, 21 de novembro de 2019

O ALUMNADO DE 4º DA  ESO E 1º DE BAC ACODE AOS CINES CODEX PARA VER A PELÍCILA DE ÓLIVER LAXE "O QUE ARDE"

Na mañá do 21 de novembro o alumnado  do centro desprazouse a Lugo para poder ver a película de Oliver Laxe "O que arde". Rodada nos Ancares, e mesmo a segunda escea no propio IES de Becerreá, o máis importante  é que está   relatada EN GALEGO


Alumnado asistente no  vestíbulo do Cine Codex.


Os rapaces e rapazas maila os seus profesores; Antón Bao e Ramón Gutierrez, expresaron que a película lles encantara, e que non había agradecemento suficiente para Oliver polo que fixo pola nosa lingua.

Oliver Laxe viu con normalidade o que para outros resulta estraño, sorprendente, case unha heroicidade: levar ao prestixioso festival de cine de Cannes unha película en galego. Para el, relatar en galego a súa película na que está tan presente o ser do Anacres, creo que forma parte da máis absoluta normalidade. Non podía ser doutro xeito. 
Cando a pelícila se estrenou en Cannes, por primeira vez na historia, o público, o xurado especializado, o mundo do cine, escoitou na nosa lingua unha historia cinematográfica que premiaron, que eloxiaron os especialistas e os que non o son, hoxe mesmo acaba de ser seleccionada para os Premios do Cine Europeo. Queda demostrado, unha vez máis, que a nosa lingua produce arte, arte exquisita.  Non hai agradecemento suficiente para Oliver polo que fixo pola nosa lingua. 
A todo isto hai que engadir que o noso centro tamén aparece na película. Iso si, convertido en xulgado onde se realizan certos trámites xudiciais relacionados co protagonista. De feito Fernando, o director, coma Margarita, a conserxe e algún alumno colaboraron durante os dous días que durou a rodaxe no Instituto.
Pero non remata aí, tamén Ramón Gutierrez, profesor de relixión e acompañante do alumnado tamén forma parte activa no filme, como o exalumno, Álvaro.

A película relata a historia de Amador, un coñecido pirómano galego que foi acusado de causar un novo incendio.Lois, un novo bombeiro, explora as profundidades dun bosque en chamas. Os seus destinos están vinculados polo poder dun misterioso lume.








Alumnado na sala do Cine Codex.

ANIMAMOS A TODO O MUNDO A VER ESTA MARABILLOSA PELÍCULA NA NOSA LINGUA, E MOITAS GRAZAS A OLIVER POR MELLORAR A NOSA AUTOESTIMA, POR FACERNOS SENTIR MÁIS FACHENDOSOS DE NÓS MESMOS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario