SAMAÍN 2019
O 30 de outubro celebramos o Samaín con dúas representacións interpretadas polo alumnado do centro
Coa gran implicación dos Departamentos Didácticos de Lingua Galega, Música, Língua Extranxeira (Inglés), Tecnoloxía, Educación Física, a Titoría de 4º da ESO e alumnado pertencente ao EDL do centro, leváronse a cabo dúas pequenas representacións que encheron a tarde de maxia e diversión.
O alumnado de 4º da ESO interpretou un relato de Ánxel Fole pertencente á primeira obra narrativa do escritor lucense chamada "Á LUS DO CANDIL". O divertido relato, titulado “Os defuntos falaban castelán”, está ambientado nunha cantina e nun camposanto que mesmo podería ser o Camposanto de Becerreá. As risas dos asistentes foron a tónica e o agasallo para os actores e actrices, que fixeron pasar a tod@s os asistentes un divertido rato.
"Bruxas ou Meigas" foi a segunda representación da tarde, obra do EDL e do Departamento de Lingua Galega do IES de Becerreá. Foi interpretada por Elba, Zaira, Ainhoa, e Tamara, alumnas do centro. A obra narraba a vida de catro mulleres acusadas de bruxería en Galicia pola Inquisición: Ana de Castro, veciña de Armenteira; Lucía Fidalgo, de San Martiño de Danllo, en Lugo; María Soliña, de Cangas do Morrazo e María Rodríguez, de Ponte de Lima. As alumnas metéronse na pel destas mulleres maltratadas, para facer chegar a súa triste e dura historia a todos os presentes.
Elba, Zaira, Ainhoa e Tamara . |
Ademáis no vestíbulo do centro realizouse unha exposición que reflictía a figura das bruxas, meigas, e personaxes femininos fantásticos en Galicia. O traballo tamén recolle un pequeno estudo sobre a Caza de Bruxas dende a Idade Media.
Exposición: "Persoaxes femininos máxicos e Caza de Bruxas" |
O vídeo das dúas representacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario