A torre de
Doncos tamén é coñecida como Castelo da
Anca . Pola lenda seguinte :
Durante a
Reconquista , un dos 13 cabaleiros que estaban para defender os peregrinos que ían
a Santiago de Compostela , viu
como unha parella de cristiáns era atacada por un grupo de sarracenos e como un
deles tomaba prisioneira á muller , e con ela montada na anca do seu cabalo
tentou fuxir .
Pero cando o
sarraceno xa ía ser atrapado polos cabaleiros , desenvainou a súa alfaxe e dun
tallo desgazou á moza para que ninguén gozase da súa beleza , quedando o seu cabalo branco
tinguido de sangue .
Outra lenda di : que cando habitaban no castelo os mouros unha moza que coidaba dos porcos a carón do río Navia desapareceu
todo o pobo a buscaba ; chamando por
:ISABELIÑA!!!!!!!!!!! ISABELIÑA!!!!! O
que os mouros contestaron : ISABELIÑA ,ISABELÓN DERRETIDA EN ACEITÓN .E nunca
máis apareceu.
Ningún comentario:
Publicar un comentario