Hai moito tempo vivía na beira esquerda do
río Navia un mozo que era noivo dunha moza que vivía na beira dereita.O mozo
tiña que cruzar todos os días o río nunha pequeña barca para ir ver á súa
noiva,e volver cruzalo outra vez para regresar á súa aldea
Un día de moita enchenta, cando o mozo ía
remando polo río, apareceu o demo e díxolle:
-Eu podería facer unha ponte nunha soa noite.
O mozo
seguiu remando e non lle fixo caso.
-Non terías que pasar máis traballos para
cruzar o río .A cambio só terás que darme o primeiro ser vivo que naza na casa
despois da túa voda.
Como aquilo parecía imposible, o home aceptou
o pacto co demo.Á mañá seguinte apareceu
feita unha ponte.O mozo e a moza casaron, e non se acordaron do demo ata que a
moza quedou preñada.Que disgusto había!
Segundo o pacto co demo, o que nacera
primeiro era del!
Pero como
o demo fai e Deus desfai ,naceu
unha camada de gatos.O home meteu un nun saco,
levoullo e díxolle:
-Veño cumprir o pacto, este é o ser vivo que
naceu primeiro.
Abriu o saco e saíu del un gatín pequeño, que
ao ver o feo que era o demo, asustouse e saíu correndo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario